Como xa ben sendo habitual, foi toda unha ledicia comprobar a concienciación ambiental e interese amosadas polas veciñas e veciños do Rosal. As reunións celebradas co mestre composteiro serviron para marcar o inicio da compostaxe comunitaria na vila, pero tamén para debater e resolver dúbidas e mitos asociados a compostaxe.

Precisamente por este último punto, damos a benvida a toda nova persoa que queira participar no proceso, pero recomendamos que fale primeiro co mestre composteiro para que lle explique en detalle o funcionamento do centro. Tanto no propio centro de compostaxe, como no concello, o mestre estará sempre encantado de falar do sistema que sen dúbidas será o futuro na xestión do lixo orgánico: a compostaxe.