RUTAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN E A SENDA DOS PESCADORES
Realizaranse os meses de xullo e agosto para grupos reducidos acompañados por un guía especializado.
As medidas preventivas para evitar o contaxio da COVID-19 desaconsellan tanto a presenza de público en espazos reducidos como o reparto de material informativo en papel, polo que o Concello do Rosal decidiu non abrir ao público a oficina de turismo que está ao pé dos Muíños do Folón e do Picón. A información estará dispoñible en paneis informativos ao longo da ruta e na páxina web municipal. Ademais, o Concello do Rosal porá en marcha durante os meses de xullo e agosto un servizo de rutas guiadas polos Muíños do Folón e do Picón e pola Senda dos Pescadores. Trátanse de rutas homologadas para grupos reducidos nas que as persoas participantes coñecerán os distintos recunchos da man dun guía especializado e acreditado pola Xunta de Galicia.
Para poder garantir as distancias de seguridade entre asistentes e cumprir con todos os protocolos de prevención marcados polas autoridades sanitarias, os grupos estarán limitados a 10 persoas. As saídas estableceranse para:
- Muíños do Folón e do Picón xoves, venres e sábado de semana santa de 11.30 h – 13.30 h..
- As citas poden solicitarse como máximo ata 2 horas antes do inicio da ruta.
- *As rutas terán un custe de 2 euros por persoa.
*No caso de non asistir á ruta, o importe non será reembolsado.
Información das rutas