Onte a nosa alcaldesa, Ánxela Fernández, e a Concelleira de Servizos Sociais, Sabela Rodríguez, visitaron as instalacións da asociación SOS Tomiño, situadas no Concello de Tomiño, co seu presidente, José Quinteiro, e un equipo de voluntarios da asociación.
Deste xeito puideron coñecer de primeira man a gran labor que fan de maneira desinteresada en prol das familias mais necesitadas do Baixo Miño, empregando unha metodoloxía moi ben organizada e planificada para a distribución de alimentos.
Dende o Concello do Rosal agradecemos a acollida de SOS Tomiño e tendemos pontes nunha colaboración efectiva que nos leve a ter unha comunicación constante e efectiva. Queremos aproveitar para poñer en valor a labor social que realizan e agradecer a súa boa disposición.