Este domingo 1 de setembro ás 17.00 h disputouse a Trofeo Vila do Rosal entre o UD Ribera do Rosal e o GD Miño da Guarda, no campo Municipal da Mata.

O partido tivo como resultado a victoria para o equipo local que presentou neste mesmo día as súas categorías nun acto que contou coa asistencia de numeroso público.

Así mesmo Jose Antonio Juan Bento “MATUTE” recibiu un agasallo pola súa adicación como delegado durante todos estes anos, e contou co agradecemento da directiva, xogadores, familias e afeccionados. Noraboa Matute, pola túa entrega e traballo no UD Ribera.

Aproveitamos a ocasión para facer un recoñecemento público ao UD Ribera polo seu gran traballo no ámbito deportivo formando e adestrando a centos de nenos e nenas do noso Concello.