En virtude da Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestón da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, establécese a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entdades do sector público.

Esta medida inclúe no seu ámbito de aplicación ós Concellos. O mesmo Real Decreto establece que a duración desta situación excepcional terá un prazo de quince días, sen ben poderán prorrogarse. Só se reanudará o cómputo dos prazos unha vez que o Real Decreto perda a súa vixencia ou a perdan as prórrogas que se realicen sobre o mesmo.

Por todo eso, o proceso selectvo, do que se publicara a listaxe provisional de admitdos/as e excluidos/as o pasado día 13 de marzo, queda suspendido e, en consecuencia os tres días hábiles para subsanar. Cando se reanude o cómputo de prazos, unha vez pasados eses tres días hábiles, publicarase a listaxe defnitva de admitdos/as, o tribunal e as datas de celebración das probas. En todo caso, esas probas pendentes non serán xa no mes de marzo.

  • Documento realacionado
  1. 20200318_ANUNCIO SUSPENSIÓN PROCESO SELECTIVO PLAN CONCELLOS