O Concello de O Rosal presentou proxecto ante a Deputación de Pontevedra para a contratación de 10 traballadores desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego non ocupados, acolléndose á convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos, Liña 3 para o ano 2021 (BOPPO núm. 1 do 4 de xaneiro de 2021).

Tal e como dispón a normativa de referencia, os/as candidatos/as interesados/as en participar nos procedementos de selección, deberán ser remitidos como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello de O Rosal sobre cada ocupación, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia de Tui.

Logo dos procedementos selectivos se van contratar a un total de 10 persoas desempregadas, coas ocupacións expostas a continuación:

  • 4 Peóns de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria, por un período estimado de contratación de nove meses a xornada completa (CNO: 94.411.010).

  • 3 Oficiais de Obras (Albaneis), por un período estimado de contratación de nove meses a xornada completa (CNO: 72.211.015).

  • 1 Condutor–Operador de Maquinaria Forestal, cun período de contratación estimado de seis meses, a xornada completa. (CNO: 82.221.013).

  • 1 Oficial Electricista, cun período de contratación estimado de sete meses, a xornada completa (CNO:75.101.033).

  • 1 Auxiliar de axuda no fogar, cun período de contratación estimado de nove meses, a xornada completa (CNO: 57.101.013)

As bases poderán consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na páxina web municipal. Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións e demais actos que se deriven dos procedementos selectivos.

Documentos realacionados: