Hoxe tivo lugar unha reunión coas profesionais da «Escola Infantil Galiña Azul».
Esta reunión é importante para afrontar as melloras no mantemento da Escola de cara ó comezo do próximo curso e para planificar o vindeiro orzamento.
Nesta xuntanza falouse da relevancia do traballo que fan no ámbito educativo. Nun eido cunha franxa de idade fundamental no desenvolvemento dos nenos e nenas que queremos aproveitar para poñer en valor e visibilizar.
Seguimos escoitando e compartindo ideas co obxectivo de poder conformar pouco a pouco unha rede de colaboración na que traballemos conxuntamente co obxectivo de mellorar a nosa realidade.
#AVeciñanzaConta

LOGO A VECIÑANZA CONTA