O pasado luns, día 8 de xullo a  directiva da Asociación San Xerome reuniuse coa Alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, para expoñer os traballos que realizan no noso concello, xa que sempre  apoiamos a institución dende os seus inicios. Tanto nas labores de mantemento de xardíns, apoio nos campionatos, aportacións económicas e participación presencial nas actividades que organiza a asociación.

 Neste momento O Rosal consta con 14 usuarios/as en diferentes unidades educativas, ocupacionais e laborais e dende o Concello do Rosal seguiremos apoiando as iniciativas e colaborando en todo o que sexa posible.