Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e valoración provisional dos méritos.

A proba práctica realizarase o vindeiro 28 de maio ás 09.30 horas.

O pasado 13 de marzo de 2020 constituíuse no Concello de Tomiño o tribunal para analizar as emendas das solicitudes presentadas polas persoas excluídas provisionalmente e realizar a valoración dos méritos para a contratación dunha persoa para a praza de condutor interino da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, así como para a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan necesitarse.

Con motivo da declaración do estado de alarma quedou paralizado este procedemento de selección dándose debida conta desta circunstancia mediante a resolución da Presidencia da MIMBM do 17 de marzo de 2020.

Neste intre, retómase o proceso dando a coñecer á composición do tribunal, listaxe de admitidos e excluídos así como ao lugar, data e hora de celebración das correspondentes probas.

A proba práctica terá lugar o:

  • Día: xoves, 28 de maio de 2020.
  • Hora: 09:30 h.
  • Lugar: O Viso do Concello de O Rosal, na explanada existente fronte a nave de Depósitos Coballes.

Os membros do tribunal que deben asistir e o día da proba son os seguintes:

  • O Rosal: Don Enrique Dorna Martínez.
  •  Tui: Don Germán Souto Presa.
  • A Guarda: Don José Luis Gil Vicente.