
ESPECTÁCULO: CON AREA. COUSASDEDEBUXO
Espectáculo visual para cativos con area e luz a cargo de Marcos Escudero
Con area. Cousasdebuxo é un espectáculo visual que fusiona varias técnicas (sombras chinesas, cómic, animación,..) para contarnos tre historias a través das imaxes que Marcos Escudero debuxa con area sobre o cristal dunha caixa de luz. Esta técnica de debuxo con area tamén é coñecida co nome de Sand Painting.
Os tres contos teñen vida propia e o autor introduce pequenas variacións, para personalizalos e adaptalos ao lugar e público que presencia o espectáculo. Os debuxos aparecen e desaparecen ante o público, que os observa sen poder apartar a mirada, prendida nos movementos e cambios máxicos que os transforman.
Espectáculo: Maxia Público infantil
Entrada de balde
Lugar: Auditorio Municpal do Rosal
Data e hora: 2 de abril ás 19.00h
Prazas limitadas: 60 (inscrición prevía)