Por cortesía de Sabine Pfister compartimos convosco un vídeo no que nos ensina a practicar o Ioga da risa.
O ioga da risa é unha técnica desenvolvida polo médico Madan Kataria consistente en aprender a rirse a vontade facendo unha serie de exercicios e xogos. Cando rimos, o noso organismo libera endorfinas xerándonos unha sensación de benestar. Sen embargo, o noso cerebro non distingue se a nosa risa é finxida ou é real polo que con esta técnica forzaremos ao noso corpo a rirse, de xeito combinado con técnicas de respiración do ioga, e así darémoslle motivos para “sentirnos ben” e mellorar o noso estado anímico.