Poñemos en coñecemento da veciñanza os horarios de recollida de lixo dos diferentes contedores.

HORARIOLIXO
A recollida do contedor verde (resto) é realizada polo persoal do concello de luns a sábado en horario de mañá. Esta recollida realízase por zonas:
Zona 1: luns e xoves
Zona 2: martes e venres
Zona 3: mércores
Sábados: Calvariozonasrecollida

A recollida dos contedores de reciclaxe é realizada por empresas externas.
Os voluminosos teñen que ser levados ao Punto Limpo

Agradecemos que, no caso de detectar incidencias tanto na recollida como no uso dos contedores, as poñades en coñecemento do persoal do concello para poder resolvelas e tomar as medidas pertinentes para evitar que volvan repetirse. A finalidade é a de identificar aos infractores, informarlles do lugar ao que deben levar cada tipo de residuo para que corrixan os comportamentos inadecuados e, de non facelo, aplicar o procedemento sancionador previsto na ordenanza municipal.

Aproveitamos para compartir a campaña de SOGAMA “A reciclaxe, a túa compañeira de viaxe” que nos lembra que aínda que vaiamos de vacacións é importante reciclar, facer un uso axeitado dos contedores e non deixar desperdicios nos lugares que visitamos. Isto inclúe todos os espazos naturais que adoitamos frecuentar e que teñen un gran interese turístico como as praias, parques, zonas de recreo, etcétera. Lembrade “o que vai convosco, volve convosco”.