PLAN CONCELLOS – LIÑA 3 (DEPUTACIÓN) 2019

PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o ano 2019, na súa liña destinada ó emprego, financiará a contratación de 12 desempregados/as para o Concello do Rosal, a xornada completa, por distintos períodos que van dende os catro ós nove meses.
Mentres que a Deputación financiará os gastos salariais e de seguridade social, o Concello farase cargo dos gastos referidos ás liquidacións por fin de contrato, a formación en prevención de riscos laborais, a roupa de traballo e os equipos de protección individual necesarios, así como a vixiancia da saúde dos traballadores/as.
Os/As traballadores/as que sexan contratados/as para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas do municipio do Rosal, inscritas na Oficina de Emprego de Tui.
As ocupacións que o concello solicitará á Oficina de Emprego, unha vez concedida a subvención, son as que seguen:

CNO/NIVEL PROFESIONAL (CATEGORÍA)   –  OCUPACIÓN

  • 71211015/50 – 3 OFICIAIS ALBANEIS (nove meses)
  • 94411010/00 – 4 MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA  (nove meses)
  • 75101033/40/50/60 – 1 OFICIAL ELECTRICISTA (sete meses)
  • 83221013/00 – 1 CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL CON MOTOR, EN XERAL (seis meses)
  • 71211015/50 – 3 OFICIAIS ALBANEIS (catro meses)