BOLSA DE EMPREGO PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DO ROSAL

Creación dunha bolsa de emprego cunha doble finalidade:

a)      a substitución temporal das titulares dos postos de auxiliar de axuda no fogar con que conta o Concello co obxecto de cubrir as súas vacacións, permisos e licenzas, así como as baixas por incapacidade temporal ou outras causas sobrevidas que poidan xurdir (substitución transitoria das titulares).

b)      a atención de posibles altas nun número superior ás que podan cubrir as titulares dos postos con que conta o Concello (acumulación de tarefas).

A creación da bolsa baséase nas necesidades temporais de persoal que poidan xurdir para que se poida dar un correcto servizo de axuda no fogar e que este non se vexa interrumpido pola ausencia das traballadoras. As funcións do posto de traballo son as que se describen no Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento:

a)      Atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio, tales como: asistencia para levantarse e deitarse, tarefas de coidado e hixiente persoal, así como para vestirse; control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse; supervisión, cando proceda, dasrutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos; apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal; outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria…

b)      Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como: limpeza e mantemento da salubridade da vivenda; compra de alimentos e outros produtos de uso común; preparacións dos alimentos; lavado e coidado de prendas de vestir, así como do enxoval doméstico; apoio á unidade familiar; coidados e mantemento básico da vivenda…

c)      Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida cotiá, tales como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares, así como o seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario. A xornada será parcial, de luns a venres, preferiblemente en horario de mañá.

  • Documentos realacionasdos
  1. 01 BASES BOLSA DE EMPREGO AXUDA NO FOGAR
  2. 02 26.06.2018 ANUNCIO BOP
  3. DECRETO 2018-0386 [17.07.2018 LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS E EXCLUIDAS BOLSA DE EMPREGO SAF]
  4. DECRETO 2018-0505 [LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDAS E EXCLUIDAS, TRIBUNAL E DATA BAREMACIÓN BOLSA SAF]
  5. 20181113_13.11.2018 ACTA PROBA TEÓRICO PRÁCTICA BOLSA SAF