CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (AEDL) Por Resolución de Alcaldía, Decreto núm. 2021-0202 de data 18/02/2021, resolveuse a aprobación da convocatoria e das bases que rexerán o proceso selectivo para a formación de bolsa de traballo de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), mediante o sistema de concurso-oposición, sendo as características do posto as seguintes: Persoal laboral, Grupo A, Subgrupo A2 e nivel de destino 18

.As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no Rexistro Xeral do Concello, así como tamén estará dispoñible na páxina web concellodorosal.es e habilitado como trámite na Sede Electrónica orosal.sedelectronica.es . Asemade, deberán achegar a documentación esixible de acordo cas Bases reguladoras do proceso selectivo. A presentación de solicitudes realizarase, preferentemente, a través da Sede Electrónica do Concello, a través do trámite habilitado ao efecto, de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de instancias será de 7 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

  • Documentos relacionados
  1. ANUNCIO CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO  BOLSA TRABALLO AEDL
  2. ANUNCIO (BOPPO Nº 44 DE 05 DE MARZO DE 2021)
  3. BASES PARA FORMACIÓN DE BOLSA TRABALLO AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (AEDL)
  4. SOLICITUDE ELECTRÓNICA