A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e os Concelleiros , Sara Vicente e Carlos Villanueva, mantiveron a primeira reunión no Concello do Rosal despois da adhesión ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía co equipo técnico posto a disposición dos Concellos pola Xunta de Galicia.
Estiveron falando do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible. O Plan de acción marca os pasos a dar para camiñar nos obxectivos de 2030.
Trátase de apostar pola eficiencia enerxética, traballar na reedución da pegada de carbono e en xeral incorporar medidas que afronten a realidade do cambio climático.
“En definitiva, búscase que a partires de agora nas decisións da xestión Municipal no Rosal incorporemos e executemos os nosos proxectos cunha estratexia de responsabilidade co medio e de planificar medidas de xeito ordeado que incorporen criterios de sostibilidade ambiental”, afirma a alcaldesa