Onte, a carpa informativa do Plan Revitaliza chegou ao Rosal para concienciar a veciñanza da importancia de xestionar os residuos orgánicos e sumarse á compostaxe. Ata alí achegáronse numerosos veciños e veciñas demostrando, unha vez mais, a crecente implicación ambiental das rosaleiras e rosaleiros. Así o demostra a gran implantación de composteiros individuais no concello, con máis de 400 xa repartidos, ou a participación activa no composteiro comunitario instalado na rúa Manuel Suárez.

Lembrámosvos que tanto para solicitar un composteiro individual como para consultar calquera dúbida sobre a compostaxe, podedes achegarvos ou chamar ao concello, onde o mestre composteiro estará encantado de atendervos.