Find the latest bookmaker offers available across all uk gambling sites Bets.Zone Use our complete list of trusted and reputable operators to see at a glance the best casino, poker, sport and bingo bonuses available online.

BANDO: CORTE DE AUGA NA PRAZA DO CALVARIO

Ánxela Fernández Callís, alcaldesa-presidenta do Concello do Rosal,

FAGO SABER:
Que debido a unha avaría no sistema de condución de auga na praza do Calvario, será cortado o subministro a partir das 16:00 h de hoxe, día 19 de agosto. O servizo será restablecido no momento no que se solucione a avaría.
O Rosal, 19 de agosto de 2019

ACTUACIÓNS CULTURA NO CAMIÑO EN PORTECELO

Máis de 150 persoas gozaron este mércores 14 de agosto das actuación de Cultura no Camiño en Portecelo. O dúo “Os Monifates”, formado por un músico e un artesán deleitaron ás 20:00 horas […]

VISITA DO GOBERNO DA CÁMARA MUNICIPAL DE CAMINHA

Recibimos no Rosal a visita do equipo de goberno de Caminha encabezado polo Presidente da Cámara, Miguel Alves.
Na xuntanza puxemos en común as potencialidades e puntos fortes dos nosos concellos co obxectivo de buscar vías acaídas para comezar un camiño transfronteirizo de colaboracións e poder, […]

COMPOSTAXE NO CAMPAMENTO DE VERÁN

Onte, as rapazas e rapaces do campamento de verán estiveron co noso mestre composteiro aprendendo a empregar axeitadamente o composteiro que teñen no patio da escola unitaria de Marzán. […]

PRESENTACIÓN XXVIII TROFEO PISTA AS FAIAS

No día de hoxe presentouse no salón de plenos do concello ás 12 da mañá o XXVIII Trofeo Pista as Faias, coa presenza da Alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, do Concelleiro de Deportes, Germán Fernández Rodríguez e membros da directiva do Club Ciclista O Rosal, Gerardo Álvarez, José Ramón Villa e Eva Lomba. […]

MEMBROS DA ASOCIACIÓN AVELAÍÑA VISITARON AS INSTALACIÓNS DO CONCELLO

O pasado mércores, membros da Asociación Avelaíña visitaron as instalacións do concello realizando un percorrido polos diferentes departamentos. […]