Programación III Feira do Mirabel, que terá lugar no Mercado de San Miguel o vindeiro 4 de agosto durante todo o día.

  • Desde as 9.30 h que dará inicio a ANDAINA “SAN MIGUEL-AS ACEÑAS” con saída do Mercado de San Miguel, os asistentes poderán facer un percorrido que inclúe visita a fincas de mirabeis e degustación da froita na Escola de Hostelería “O Rolete”. Finalizará no punto de inicio onde se sortearán uns lotes de mirabeis e menús para degustar na feira entre as persoas participantes. Para participar na andaina é preciso inscribirse nas oficinas do Concello. Prezo: 4,5€. Dificultade baixa.
  • Ás 12:00 h dará inicio a PRESENTACIÓN E APERTURA DA III FEIRA DO MIRABEL e actuación de AIRIÑOS DE SAN MIGUEL.
    Entrega dos premios aos concursantes gañadores do CONCURSO FOTOGRÁFICO “O MIRABEL DO ROSAL” e degustación de mirabeis e produtos derivados da froita. Todo acompañado de música tradicional galega coa actuación de TREMELIQUE.
  • Ás 13.00 h. MOSTRA DE ELABORACIÓN DE CÓCTELES con produtos de mirabel e actuación de AIRIÑOS DE SAN MIGUEL.
  • Ás 14:00 h. XANTAR no entorno da feira cun menú popular de 16 euros elaborado por O Rolete: Empanada, codillo con guarnición, postre de mirabel, bebida e café. Venta de vales para as comidas, no estanco O Rosal e no Rolete. Con cada menú entregarase un número para un sorteo de produtos ao final da feira. Pola tarde, despois da comida, seguirá a festa co sorteo de produtos.
  • Ás 17.00 h. será o III CONCURSO DE BIZCOCHO DE MIRABEL, e ás 18.30 dará comenzo o CONCURSO DE MISS E MISTER MIRABEL con diferentes categorías infantil, xuvenil e adulto.
  • Ás 21.30 h. actuará con MÚSICA EN DIRECTO ALBERTO CUNHA dentro dun programa que inclúe gastronomía, cultura, música e animación durante todo o día.

Desde as 10.00 da mañá ata as 22.00 da noite haberá servizo de cafetería e bar, degustación de mirabeis e poderase coñecer de primeira man os produtos elaborados coa froita xa que estarán expostos no propio Mercado os stands de exhibición e venda de produtos.

Así mesmo as fotografías participantes no Concurso Fotográfico exporanse no interior do Mercado e durante todo o día haberá animación para os máis pequenos.
Ainda hai tempo para anotarse tanto á andaina, como no concurso de bizcochos e nos certames de miss e mister mirabel. As bases e inscricións para participar en todos os eventos poderán consultarse e realizaranse no comercio local.

  • Documentos relacionados
  1. Programación III Feira do Mirabel