Nos últimos días apareceron voluminosos, plásticos, varillas metálicas e outros lixos nas inmediacións dos contedores dalgúns barrios.
A imaxe que isto provocaba era de total suciedade e abandono, ocasionando malestar entre os veciños e veciñas da zona.
Unha actitude responsable por parte das persoas causantes destas situacións contribuiría a non ter que adicar recursos públicos, necesarios para outros fins, a solventar este tipo de actitudes moi pouco comprometidas, indebidas e irresponsables.
A solución definitiva pasa por termos unha maior concienciación e responsabilidade ambiental e colectiva como comunidade.
No Rosal existe o PUNTO LIMPO que recolle todo tipo de residuos sen custe algún. É gratuito e ten horario de mañá e tarde para facilitar a recollida a todas as persoas veciñas do Rosal.
Todos aqueles residuos que non podan ser depositados nos colectores habilitados nas rúas (voluminosos, tóxicos, ou non reciclables) deben ser levados ao PUNTO LIMPO que existe no Camiño das Aceñas.
Recordamos unha vez máis que o HORARIO de recollida son os martes e xoves de 15.00 a 18.00h e os sábados de 10.00 a 13.00 h.
Se existen dúbidas sobre os horarios, os criterios de selección de residuos ou calquera outra cuestión, poden consultar no propio concello ou co persoal do punto limpo.