Realizouse un acondicionamento do firme e limpeza na zona de concentración parcelaria con medios municipais e da Mancomunidade do Baixo Miño

O Concello do Rosal volve pouco a pouco a reactivarse tras os meses de confinamento pola crise sanitaria por COVID-19 e xa levou a cabo o acondicionamento de varias vías municipais para mellorar os espazos públicos para o paseo dos rosaleiros e rosaleiras. Entre as obras de mellora feitas nos últimos días está o arranxo do firme en varias pistas de acceso ás fincas da zona de concentración parcelaria, así como a limpeza destas vías.

O Goberno municipal levou a cabo estas obras de reparación dos camiños principais desta zona co claro obxectivo de axeitalos para o uso dos e das viandantes que pasean por eles, mellorando deste xeito tamén a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Os traballos de mellora leváronse a cabo tanto con medios municipais como da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, quen achegou a maquinaria necesaria para levalos a cabo.