Hoxe, 2 de xaneiro, estivemos en Pontevedra nas delegacións da Xunta de Galicia, convocados por Vicepresidencia e Consellería e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na adquisición dun vehículo de emerxencias enmarcado na Operación cofinanciada pola Unión Europea con fondos FEDER Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia para os nosos voluntarios de Protección Civil que levaban tempo desexando.
Aproveitamos para reiterar a gran labor que desenvolve sempre Protección Civil de maneira altruista en todas as súas actuacións.
Este equipamento mellorará a capacidade das súas intervencións e operativos.