NOTA INFORMATIVA

O Concello do Rosal informa que a AUGA das seguintes fontes NON É APTA PARA O CONSUMO:

  • FONTE FIAL- NOVÁS
  • FONTE DA PRAZA DA FECHA
  • FONTE APARICIO
  • FONTE DE FIAL – URGAL
  • FONTE DE EIRAS
  • FONTE PORRAS – TABAGÓN
  • FONTE DO OUTEIRO – TABAGÓN
  • FONTE TORNEXÓN – SAN MIGUEL
  • FONTE DE VALDEMIÑOTOS

 

O Concello do Rosal informa que a AUGA das seguintes fontes NON TEÑEN GARANTÍA SANITARIA, POR NON ESTAR  CLORADA, SE BEN NON TEÑEN CONTAMINACIÓN MICROBIOLÓXICA:

  • FONTE SALVARIANAS – CACHADA
  • FONTE DA RÚA- TABAGÓN

 

As análises destas augas están a disposición das persoas que desexen velas. Esta nota estará vixente ata nova análise.

Pregámoslles que NON retiren os carteis colocados nestas fontes que informan do aviso.

Concellería de Medio Ambiente do Rosal