MIRADOIRO DO NIÑO DO CORVO

Vixía do Baixo Miño

A 307 metros de altitude, case no límite entre os concellos do Rosal e Tomiño, este miradoiro ofrécenos unha das máis amplas panorámicas da comarca do Baixo Miño. Especialmente destacan as vistas á desembocadura do Miño, onde o río entrega as súas augas ao océano Atlántico, ao Monte Trega na Guarda e a toda a beira portuguesa.

Un lugar imprescindible nunha visita ao Rosal e que tamén se presta á práctica do deporte ou do turismo activo de certa intensidade, facendo sendeirismo ou ben subindo ao monte en bicicleta.

No caso de acceder ao Niño do Corvo en vehículo, recoméndase facer o último tramo a pé.

  • COMO CHEGAR

Localización

Coordenadas: 41.948521, -8.811034

Outros miradoiros no Rosal:

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón

Capela da Madalena

Miradoiro da Cruz da Portela- San Vicente

  • Documento
  1. Miradoiro do Niño do Corvo