MIRADOIRO DA CRUZ DA PORTELA E CAPELA DE SAN VICENTE DE MARZÁN

Na zona da Cruz da Portela ábrese un espazo de lecer arborado con bancos e mesas de pedra e cunha zona de miradoiro a modo de balcón ao Atlántico no que se sitúa unha cruz feita en pedra. Desde este punto observaremos a rochosa e rectilínea franxa costeira do Rosal.

Se desde esta área de lecer seguimos a estrada cara o centro do Rosal, a aproximadamente 1,5 km de distancia do noso punto de partida atopamos a capela de San Vicente de Marzán xunto con dous interesantes sepulcros antropomorfos (con forma humana) de época visigótica.

Trátase dunhas sepulturas cristiás dos séculos IV-V e escavadas na rocha, sendo unha delas de tamaño lixeiramente inferior á outra. Probablemente pertenceron a un matrimonio.

En canto a pequena capela, o edificio actual é froito de varias reformas, tal e como se pode percibir na fábrica dos seus muros. A singular cruz en forma de trevo que coroa o templo é posiblemente un dos elementos máis antigos do edificio.

  • COMO CHEGAR

Localización: Cruz da Portela

Coordenadas: 41.947754, -8.876964

Outros miradoiros no Rosal:

Miradoiro do Niño do Corvo

Miradoiro da ermida da Madalena

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón

Outras áreas recreativas no Rosal:

Zona de baño da Pesqueira

Área recreativa das Aceñas

Area recreativa do Tamuxe-Porto Vello

Área recreativa de San Miguel (Igrexa)

Praia das Eiras