Con motivo do próximo día internacional de persoas con discapacidade, o Concello Do Rosal e U.D Ribera, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado ( FGDA) e RC Celta de Vigo, celebrará o sábado 30 de Novembro un evento integrador e de carácter internacional, co obxectivo de normalizar a práctica de fútbol no colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Para iso contaremos coa presenza de dous equipos de Celta Integra, un combinado galego da FGDA e un equipo de APPACDM Coimbra (Portugal).