É un día para reflexionar sobre a nosa relación co medio, pero sobre todo para festexar todo o que nos aporta, xa que os bos hábitos non deben reducirse a hoxe, senón que debemos incorporalos no noso día a día.

O tema elixido para este 2019 é a contaminación do aire. A miúdo, nin sequera se pode ver, pero a contaminación atmosférica está en todas partes. Tanto é así que nove de cada dez persoas en todo o mundo están expostas a niveis de contaminación que superan os niveis de seguridade sinalados pola ONU. E todo elo sen contar a implicación da contaminación atmosférica no quecemento global, con todas as consecuencias que iso supón.

Dende o Concello do Rosal queremos festexar este día, polo que temos prevista unha andaina para este sábado día 8 de xuño. Proximamente publicaremos mais datos sobre a andaina; estade atentos as nosas redes!