Find the latest bookmaker offers available across all uk gambling sites Bets.Zone Use our complete list of trusted and reputable operators to see at a glance the best casino, poker, sport and bingo bonuses available online.
Recomendacións
Lectura
Experimentos
Manualidades
Cociña
Medio Ambiente
Emprego
Xogos

RECOMENDACIÓNS PARA MELLORAR O ESTADO ANÍMICO PRACTICANDO O IOGA

Un novo vídeo por cortesía de Sabine Pfister no que nos ensina a practicar  Ioga.

A ASOCIACIÓN PÁRKINSON BAIXO MIÑO ELABORA CADERNOS SEMANAIS DE ESTIMULACIÓN PARA REFORZAR A MEMORIA

 Cada semana iranse publicando na web do Concello os novos números.

RECOMENDACIÓNS PARA MELLORAR O ESTADO ANÍMICO PRACTICANDO O IOGA DA RISA

Por cortesía de Sabine Pfister compartimos convosco un vídeo no que nos ensina a practicar o Ioga da risa. O ioga da risa é unha técnica desenvolvida polo médico Madan Kataria consistente en aprender a rirse a vontade facendo unha serie de exercicios e xogos.

RECOMENDACIÓNS PARA ABORDAR O SEXTING, UNHA PRÁCTICA EN AUMENTO DURANTE O CONFINAMENTO

O Concello achega ás familias unha serie de pautas para xestionar este tema cos rapaces e rapazas e unha serie de precaucións a tomar O sexting consiste en compartir de forma voluntaria mensaxes, fotos ou vídeos de contido sexual a través aplicacións de mensaxería móbil ou das redes sociais,

RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS ANTE A EMERXENCIA SANITARIADO COVID-1 9

Cinco recomendacións para xestionar en familia este tempo de confinamento A psicóloga rosaleira Andrea Iglesias lembra que en plena crise sanitaria o máis importante é pasar tempo de calidade xuntas e xuntos

CINCO CONSELLOS PARA XESTIONAR O MALESTAR PSICOLÓXICO QUE PODE XERAR A CORENTENA

En colaboración co Concello, a psicóloga rosaleira Andrea Iglesias elabora unhas recomendacións xerais para a xestión psicolóxica durante o illamento durante o estado de alerta por COVID-19

MES DAS LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

>

>

;

>

>

CONTACONTOS INFANTÍS

O incrible neno devorador de libros

Autor: Oliver Jeffers

Contado por Miriam Diego

Garavanciño

Adaptación de Olalla González

Contado por Natalia Cerqueira

Maruxa

Autora: Eva María Mejuto Rial

Contado por Sandra González Diego

Adrenalina

Contado por Ana Chamosa

.

LECTURA

KALANDRAKATVKalandraka é unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil que conta cunha traxectoria de máis de 20 anos. O seu obxectivo inicial era publicar obras da mellor calidade estética e literaria en galego para contribuír á normalización lingüística do noso país.

GALICIALEGaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

Baía Edicións pon á disposición do público varios libros para descargar de balde desde o seu web baiaedicions.gal coa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa

TINTA INVISIBLE

TINTA INVISIBLE

Materiais:

  • 1 limón
  • 1 cunco
  • 1 pincel (ou algún pauciño)
  • Papel
  • 1 vela

Preparación:

  1. Espreme o limón e bota o líquido nun cunco.
  2. Engade un pouco de auga no cunco co zume de limón.
  3. Con axuda do pincel ou dun bastonciño remexe a mestura e escribe nun folio en branco unha mensaxe.
  4. Entrega a mensaxe secreta a quen desexes. Para poder descifrar o contido da nota hai que achegar a folla a unha vela (sen poñer o papel moi cerca para que non arda) e pouco a pouco a tinta invisible irá debuxando a nosa mensaxe.

SÓLIDO OU LÍQUIDO?

solidoouliquido

Materiais:

  • Fariña de amidón de millo (tipo maicena)
  • Auga
  • 1 recipiente

Preparación:

  1. Mesturar unha parte de auga con dúas de maicena.
  2. Afundir o dedo lentamente, golpear a mestura co puño, cun martelo,… e experimentar como se comporta. Algunhas veces é líquida e outras sólida!

O CICLO DA AUGA NUNHA BOLSA

Materiais:

  • 1 bolsa con zip
  • Rotuladores de cores
  • Auga

Preparación:

  1. Decora a túa bolsa debuxando un mar e unhas nubes (podes engadir todo o decorado que queiras).
  2. Engadir un pouco de auga dentro da bolsa e pechala.
  3. Colgar a bolsa nun lugar no que lle dea o sol directamente e agardar. Pouco a pouco verás como a auga vai evaporándose na parte superior da bolsa e vai pingando polas paredes coma se chovera.

CROMATOGRAFÍA DECORATIVA CON ROTULADORES

Esta actividade é moi fácil e pódese facer con materiais que seguro que tedes na casa. O resultado son estes circos de cores que podedes empregar para  decorar  un caderno, un marcapáxinas, ou o que vos queirades.

Materiais:

  • Papel de filtro de café. No caso de que non teñades, pódese facer tamén con panos de mesa de papel.
  • Auga
  • Sal
  • Culler de sobremesa
  • Tesoiras
  • Vasos pequenos. Poden ser tamén botes de conserva pequenos.
  • Rotuladores normais.

Método:

  1. Disolve unha culler de sal nun vaso de auga e reparte a auga nos vasos ou botes pequenos. Cun dedo de auga en cada bote é suficiente.
  2. Corta o papel de filtro en cadrados ou círculos que sexan máis grandes que a boca dos botes.
  3. Fai un pequeno furado no centro de cada papel e pinta un círculo arredor do furado cun dos rotuladores. Podes probar con varias cores.
  4. Co resto de papel corta tiras e enrólaas para formar canudos.
  5. Atravesa cada cadrado co canudo e colócao no vaso de xeito que o extremo do canudo entre na auga.
  1. Espera uns minutos e poderás ver o resultado. Cando te pareza que xa está bonito, retira o papel e pono a secar. Podes usar o mesmo canudo para poñer outro papel con outra cor diferente.

Que e o que sucede?

A auga salgada ascende polo canudo debido a que o papel ten a capacidade de absorbelo líquido debido ao efecto de capilaridade. A auga salgada ao chegar ao rotulador disolve a tinta e a arrastra. Como a tinta do rotulador está feita coa mestura de varios pigmentos, o que sucede é que a auga salgada ao disolvelos e arrastralos, os separa uns de outros.

A cromatografía é un método que se emprega no laboratorio para separar os distintos compoñentes dunha mestura ou disolución.

O PAPEL QUE NON ARDE

Materiais:

  • Papel
  • 1 vela
  • 1 coador metálico

Preparación:

Cando achegamos un papel a un lume arde pero, se o poñemos dentro dun coador, que acontece?

  1. Romper o papel en anaquiños e botalo dentro do coador.
  2. Prender a vela e colocar o coador cos papeis dentro enriba da vela.
  3. Tacháaaan! Os papeis non arden!

EFECTOS ÓPTICOS

Materiais:

  • Papel ou cartón
  • Pinturas
  • 1 pau de pincho moruno
  • Pegamento
  • Celo

Preparación:

  1. Fai un debuxo en dous papeis de xeito que as metades se complementen. Por exemplo, nun papel debuxas unha cara e no outro os ollos e a boca.
  2. Pega unha metade do debuxo ao pincho moruno co celo pola parte de atrás.
  3. Pega a outra metade do debuxo con pegamento do outro lado do pincho moruno. As dúas metades do debuxo teñen que quedar cara a fóra.
  4. Vira o pincho moruno en círculos moi rápido e verás como os dous debuxos… convértense nun!

LÁMPADA DE LAVA

Materiais:

  • Recipiente de vidro baleiro
  • Auga
  • Aceite
  • Colorante alimentario
  • Sal

Preparación:

  1. Enche o recipiente de auga.
  2. Bota aceite ata crear unha capa de medio centímetro na superficie. Deixa que se estabilicen ben as gotiñas antes de continuar.
  3. Espolvorea un pouco de colorante sobre o aceite. Cantos mais cores empregues mais colorido será o efecto.
  4. Bota sal gordo sobre a capa de aceite e colorante. Canta mais cantidade de sal, mais rápida e forte será a “choiva de lava”!

QUE LLE PASA AO ÓSO?

Materiais:

  • 1 Óso de polo (da coxa)
  • 1 frasco de vidro
  • Vinagre

Preparación:

  1. Limpar e lavar ben o óso.
  2. Meter o óso no frasco de vidro e cubrilo de vinagre.
  3. Deixar repousar durante 15 – 20 días.
  4. Pasado este tempo, sacar o óso do vinagre e probar a dobralo.

PASAS BAILARINAS

Materiais:

  • Uvas pasas
  • Tónica
  • 1 vaso estreito (de tubo)

Preparación:

  1. Facerlle un corte a algunha das pasas.
  2. Botar a tónica no vaso.
  3. Engadir as pasas.
  4. Observar o que acontece!

CHAMARADA CÍTRICA

Materiais:

  • Pel de laranxa ou mandarina
  • Vela ou chisqueiro

Preparación:

  1. Busca a unha persoa adulta para que faga o experimento.
  2. Pela unha laranxa.
  3. Come o interior (o mais importante) e reserva a pel.
  4. Prende a vela e mantén a chama.
  5. Espreme a pel da laranxa contra a chama e observa!

O VASO QUE TEN SEDE

Materiais:

  • 1 prato
  • 1 vaso
  • 1 vela
  • auga

Preparación:

  1. Bota un pouco de auga enriba do prato.
  2. Acende a vela e colócaa sobre a auga.
  3. Coloca o vaso boca abaixo sobre a vela.
  4. Agarda para ver que acontece!

PAUCIÑOS MÁXICOS

Materiais

  • 5 pauciños de madeira
  • Auga

Preparación

  1. Dobra os pauciños de madeira pola metade sen que cheguen a romperse de todo.
  2. Colócaos sobre un prato, unha mesa, ou calquera superficie plana coas puntas cara a fora (a parte dobrada formando un círculo).
  3. Bota unhas pingueiras de auga no círculo central mollando todos os pauciños.
  4. Rapidamente aparecerá unha estrela de 5 puntas.

PEMENTA FUXINDO  DA HORA DO BAÑO

Materiais

  • Pementa moída
  • Auga
  • 1 prato
  • xabón

Preparación

  1. Botar un pouco de auga nun prato.
  2. Botar un pouco de pementa moída enriba da auga.
  3. Mollar un dedo en xabón e tocar no centro do prato. Pementa fuxirá correndo do noso dedo con xabón con tal de non lavarse!

Nota: este experimento tamén pode facerse con pauciños dos dentes.

A PEMENTA ELÉCTRICA

Materiais

Sal fino
Pementa moída
Un globo ou un peite

Preparación

  1. Bota o sal fino nun prato.
  2. Engade un pouco de pementa moída.
  3. Freta o globo contra o pelo ou un xersei ata que colla electricidade estática.
  4. Pasa o globo por enriba do prato. A pementa sairá disparada cara ao globo.

Nota: este experimento tamén pode facerse empregando un peite no lugar do globo.

PESCA CON FÍO E SAL

Materiais

  • Auga
  • Xeo
  • Lá ou fío
  • Sal

Preparación

  1. Bota a auga nun vaso ou nun prato.
  2. Pon os xeos na auga.
  3. Proba a pescar os xeos co anaco de lá ou de fío (non vas poder pescalos).
  4. Agora engade un pouco de sal enriba dos xeos e proba a pescalos de novo.

CORRE, CORRE, COLORCIÑO

Materiais

  • 5 recipientes de cristal baleiros
  • Auga
  • Colorantes alimentarios (cores primarias: azul, vermello e amarelo)
  • Papel de cociña absorbente

Preparación

  1. Enche 3 dos 5 recipientes con auga.
  2. Tingue un deles de cor azul, outro de cor vermella e o derradeiro de cor amarela.
  3. Coloca os 5 recipientes formando un círculo, intercalando os baleiros entre os que teñen cor.
  4. Dobra unha lámina de papel de cociña lonxitudinalmente un par de veces.
  5. Coloca o papel de cociña unindo un recipiente con cor con outro baleiro.
  6. Repite o proceso atar ter conectados os 5 recipientes.
  7. Deixa toda a noite e observa o resultado!

CHOIVA DE CORES

Materiais
Auga
Aceite
Colorante alimentario
Sal fino
Preparación
1. Bota auga nun vaso ou nun recipiente transparente.
2. Engade unha capa de aceite e agarda a que as pingas se estabilicen.
3. Engade pingueiras de colorante alimentario (emprega as cores que mais che gusten).
4. Espolvorea o sal fino por enriba do aceite.

 

VOLCAN DE BICARBONATO

Materiais

Bote baleiro
Bicarbonato
Vinagre
Preparación
1. Bota bicarbonato no interior do bote, mais ou menos ata a metade.
2. Engade o vinagre.
*Para facelo mais vistoso poden empregarse colorantes.

 

BUXAINA OU PEÓN – FLOR

Materiais:

  • Goma Eva das cores que teñamos en casa.
  • Mini lapis de cores.
  • Tesoiras puntiagudas.
  • Lapis, rotuladores de cores e pegamento.

Realización:

  1. Transferimos os patróns, dúas flores de diferentes tamaños e dous círculos á Goma Eva. Recortamos as pezas.
  2. Facemos buracos no centro dos círculos. Unimos con pegamento as flores co aro superior. Metemos as tesoiras puntiagudas a través do centro perforado das flores e fixamos o segundo aro na parte posterior.
  3. Pintamos as flores e o aro superior con rotulador de cores ao voso gusto e deixamos secar ben. Pasa un lapis por todas as capas de goma Eva de forma que a punta dos lapis de cores saian uns 2-3 cm na parte inferior.
  4. Collemos o extremo superior do lapis de cor, colocamos a punta do lapis nunha superficie lisa e lanzamos con forza o peón!

*Consello: A peonza xira mellor se a punta do lapis non está afiliada do todo.

PAPA – MOSCAS

PAPAMOSCAS

Materiais:

  • rolo de papel de váter
  • cartón ou cartolina
  • pinturas (ceras, rotuladores, …)
  • lá, fío ou corda
  • tesoiras
  • pegamento

Preparación:

  1. Debuxar o animal que queiramos sobre o rolo de papel de váter e cartón. Por exemplo, se facemos unha rá, debuxar o corpo sobre o rolo de papel de váter e as patas en cartón; se preferimos unha piraña, debuxar o corpo no papel de váter e as aletas no cartón.
  2. Pegar a parte inferior do corpo do animal introducindo o fío no medio. Deste xeito o rolo de papel queda pegado por un lado e o fío unido. Pegar as patas.
  3. Debuxar unha mosca nun anaco de cartón ou facer unha bola de papel e pegala ao outro extremo do fío.
  4. Xa temos feito o papa – moscas, agora queda poñer a proba a nosa puntería e tentar que a rá consiga atrapar á mosca.

MANDALAS CASEIROS

Materiais

  • obxectos variados que teñamos pola casa
  • creatividade

Preparación

Crea mandalas orixinais empregando calquera obxecto que teñas pola casa e a túa creatividade.

FLORES CON CD’S

Materiais:

  • Gomaeva ou cartolina
  • Ollos movibles
  • CD
  • Cinta ou fío
  • Rotulador permanente negro e vermello
  • Tesoiras
  • Pegamento
  • Lapis e compás (se é posible).

Preparación:

  1. Abrir o compás aproximadamente 9 cm e facer un círculo nun resto de cartolina. Con ese círculo facer unha flor e recortala.
  2. Transferir a flor á cartolina ou ao material que se elixa e recortala.
  3. Abrir o compás a 2,8 cm e facer un nariz de cartolina de cor.
  4. Pegar a flor detrás do Pechar o buraco fixando o nariz e pegar os ollos movibles.
  5. Pintar unha cara graciosa sobre o CD co permanente e deixalo secar.
  6. Fixar na parte posterior do CD un anaco de cinta para colgar.

GALIÑA

Materiais:

  • Cartolina branca e vermella
  • Ollos movibles
  • Fío
  • Pegamento
  • Feltro amarelo

Preparación:

  1. Transferir os moldes ás cartolinas da cor correspondente e recortalas.
  2. Para a cabeza da galiña fixamos as barbas debaixo do pico de feltro, colócanse ambas as pezas no centro da cabeza.
  3. Colocar os ollos movibles e pegar a crista detrás da cabeza da galiña e fixala.
  4. Cortar 2 tiras de cartolina branca de 4 x 40 cm. Pegar os extremos en ángulo recto dunha cartolina sobre a outra e dobrar as tiras, por quendas, unha sobre outra para obter unha guirnalda en forma de escaleira retorta. O último pregue deixalo en posición vertical e fixar enriba da cabeza da galiña.
  5. Na crista facer un buraquiño para poder pór un fío e poder colgar a galiña.

OVOS DECORADOS

Materiais:

  • Ovos
  • Pinturas

Preparación:

  1. Cocer os ovos.
  2. Pintalos co deseño que mais nos guste.

LIXIBOL

Materiais:

  • Recipiente baleiro de plástico con asa (como os da lixivia, suavizante,…)
  • Tesoiras ou outro instrumento para cortar
  • Pelota (ou material para facer unha como papel, calcetíns, etc.)

Preparación:

  1. Corta a base do recipiente diagonalmente.
  2. Se non tes unha pelota pequena a man, podes facer unha enroscando calcetíns, papeis, globos, etc.
  3. Os xogadores (mínimo dous) teñen que colocarse separados uns dos outros. Trátase de tirar e encestar a pelota empregando unicamente o bote!

Este xogo pode facerse empregando calquera outro recipiente con asa baleiro e tomará o nome do contido orixinal do envase, p.ex. se era de suavizante chamarase Suavibol, etc.

FIGURAS EN PAPEL DE VÁTER

Materiais:

  • Rolos de papel de váter
  • Pinturas (rotuladores, ceras,…)

Preparación:

  1. Transferir o debuxo que queiramos ao rolo de papel de váter.

MARCO DE FOTOS

Marco de fotos

Materiais:

  • Aproximadamente 12 medias noces.
  • Pintura acrílica de cor azul, amarelo, laranxa e vermello.
  • Pincel, restos de cartolina de cor verde e vermello.
  • Rotulador branco.
  • Cinta de cadros de 2,5 cm de ancho ou a cinta que teñamos en casa.
  • Tesoiras, perforadora, pegamento e un gancho para colgar o marco.

Preparación:

  1. Pintamos o taboleiro ou o cartón de cor azul e deixámolo secar.
  2. Pintamos as medias noces unhas de cor vermella, outras laranxas e outras amarelas.
  3. Recortamos cunha perforadora dous ollos e un nariz e pegámolo nunha das medias noces.
  4. Pegamos as medias noces pintadas xunto coa cinta de adorno no taboleiro. Atamos un laciño e pegámolo.
  5. Finalmente cortamos unha foto do tamaño necesario e fixámola no centro do cadro.

XOIAS CON PASTA DE SAL

Materiais:

  • 1 taza de sal fino
  • 2 tazas de fariña
  • 1 taza de auga morna
  • moldes para galletas
  • rodillo
  • 1 palliña
  • témperas
  • purpurina
  • pinceis
  • cola de ratón negro ou calquera outro tipo de cordón

Preparación:

  1. Nun bowl mesturamos a fariña co sal. Engadimos a auga morna, pouco a pouco, ata obter unha masa densa, nin moi espesa nin moi líquida. Amasamos durante uns 10 minutos ata conseguir unha masa fina, elástica e brillante.
  2. Estendemos a masa co rodillo ata obter un grosor de 0,5 cm aproximadamente. Empregamos os moldes de galletas para recortar o colgante coa forma elixida.
  3. Coa palliña facemos buratos no noso colgante. Deixámolo secar ao aire libre durante 24 horas. Tamén podemos axilizar este paso introducindo o colgante no forno durante 2 horas a 80°. Por favor, se a actividade a realizan nenos, este paso terá que ser supervisado por un adulto!
  4. Unha vez que o noso colgante estea seco e duro, coas témperas e os pinceis podemos colorealo e decoralo como máis nos guste. Podemos engadir tamén purpurina de cores. Pasamos a cola de ratón ou calquera outro tipo de cordón polo burato, e… XA TEMOS A NOSA XOIA REMATADA!

COMO FACER PAPEL RECICLADO

Materiais

  • Papel usado polos dous lados
  • 1 tinón
  • Auga
  • 1 bandexa
  • 1 peneira
  • Panos absorbentes
  • Pinzas

Preparación

  1. Cortar coas mans o papel xa escrito polos dous lados en anaquiños pequenos. Por exemplo, dun folio facer 8 anacos.
  2. 24 horas antes da sesión deixar en remollo os anacos de papel nun tinón ou capacho.
  3. Durante a sesión de confección de papel (os números corresponden ás fotos):
    1. Foto 1. Bater o papel cun trade cunha broca que se pode facer, que teña aspas para triturar o papel. Non debe usarse un batedor, porque é fácil que se queime.
    2. Fotos 2 e 3. Pasar a pasta producida a unha bandexa.
    3. Fotos 4 e 4A. Pasar a pasta por unha peneira. Vale calquera que teña finos os buracos. Tamén pode facerse, coma a da foto, tamaño folio cunha malla metálica.
    4. Foto 5. Pasar a peneira coa pasta a outra bandexa e secala con panos que absorban a auga, como as baetas. Depositar a pasta nun pano que absorba ben a auga. Pode ser un anaco de toalla.
    5. Foto 5A. Sacar a pasta con coidado, entre dúas persoas, e deixala noutra bandexa, unhas enriba de outras. Poñer un peso por riba, por exemplo, colocar un plástico grande por debaixo duns cantos libros gordos.
    6. Foto 6. Deixar secar primeiro de xeito horizontal.
    7. Foto 7. Ou de xeito vertical.
    8. Foto 8. Unha vez seco, o papel despégase perfectamente do pano.

A OVELLA DE PÁSCUA

Materiais:

  • Cartolinas de cores albaricoque, branca e estampada.
  • Algodón
  • Cinta de fibra
  • Rotuladores negro, branco e rosa
  • Pegamento

Preparación:

  1. Prepara uns moldes como os da primeira imaxe.
  2. Empregando os moldes recorta as seguintes pezas:
    1. 2 patas de cartolina cor albaricoque
    2. 2 mans de cartolina cor albaricoque
    3. A cabeza de cartolina cor albaricoque
    4. O corpo de cartolina cor branca
    5. O ovo de pascua coa cartolina estampada
  3. Fixamos o algodón ao corpo con pegamento.
  4. Emprega os rotuladores para debuxar sobre as cartolinas a boca, o nariz, os ollos,…
    1. A cara pintámola con rotulador
    2. Para pintar as meixelas frotamos anaquiños de mina de lapis vermello ou rosa
  5. Unimos tódalas pezas. Primeiro pegamos a cabeza, despois o ovo e, finalmente, os pés e brazos.
  6. Para que nos quede mais chulo, podemos facerlle como un laciño para porlle na cabeza!

CUBRE-OVEIRA

Materiais:

  • Goma Eva. Pódese empregar outros materiais como cartolina, feltro, etc. O ideal é empregar cores alegres.
  • Ollos movibles
  • Pegamento
  • Plumas

Preparación:

  1. Transfire os moldes con bolígrafo ao material que vaiamos empregar. O corpo te que facelo dúas veces.
  2. Unta con pegamento o borde dunha peza do corpo (aprox. 0.5 cm de ancho), deixando libre o lado recto do corpo.
  3. Coloca enriba a segunda peza do corpo, facendo coincidir os bordes. Deixa secar ben.
  4. Pega o resto das pezas no corpo e engade os ollos movibles e plumas.
  5. Decora o borde co que queiras, por exemplo unha costura de la coma neste exemplo.
  6. Fai unha tira de cor branca (2.5 cm x 15 cm) e pega en forma de aro para obter unha oveira
  7. Coloca o ovo no aro e pon a cubre-oveira enriba!

XOGO DE PESCA

Aquí aprenderemos como facer un divertido xogo de pescar con materiais que teñamos por casa.

BUXANIÑAS CON NOCES

Materiais

  • Noces
  • Cartolinas ou papeis de cores
  • Pegamento
  • Rotuladores

Preparación

  1. Abre as noces pola metade e come o de dentro.
  2. Recorta as cartolinas facendo a forma das patas da buxaniña.
  3. Pinta as noces coas cores das buxaniñas.
  4. Pega as noces sobre a cartolina!

*Nota: Coas noces poden facerse infinidade de manualidades: buxaniñas, arañas, barcos,… deixa voar a túa imaxinación e crea!

DECORA A TÚA CAMISETA

Materiais

  • Unha camiseta
  • Pinturas de barra
  • Un afiador
  • Papel de forno
  • Un ferro de pasar

Preparación

  1. Afiamos as pinturas e separamos os afeitos por cores.
  2. Facemos un molde de cartón do debuxo que queríamos estampar.
  3. Imos colocando con coidado os afeitos ata cubrir o espazo que queríamos estampar.
  4. Colocamos por riba o papel de forno e pasamos o ferro ata que desfaga os afeitos e queden pegados na camiseta.

Retiramos o papel con moito coidado e… listo!

DECORAR XANELAS

Neste vídeo aprenderemos a realizar unha bonita decoración para as túas xanelas.

MOUSAKA

MOUSAKA

Ingredientes:

  • 2 berenxenas
  • 2 tomates
  • 2 mozzarella di buffala
  • Albahaca
  • Sal e pementa

Preparación:

  1. Corta as berenxenas en láminas finas e pásaas pola tixola.
  2. Nunha fonte apta para o forno coloca unha capa de láminas de berenxena, outra de láminas de tomate e outra capa de láminas de mozzarela. Vai facendo capas ata esgotar os ingredientes.
  3. Co forno prequecido a 180ºC enfornar a mousaka durante 30 minutos.

TABOULÉ

TABOULÉ

Ingredientes:

  • 1 vaso de cous – cous
  • ½ pemento vermello
  • 2 tomates
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • Perexil
  • Sal e pementa
  • 1 limón

Preparación:

  1. Cortar todas a verduras en taquiños, botalas nun cunco e mesturar.
  2. Engadir o cous – cous (non hai que cocelo previamente) e remexer.
  3. Espremer o limón e engadir o zume xunto con un pouco de auga sobre o cous – cous.
  4. Gardar na neveira como mínimo 4 horas para que o cous – cous se hidrate. Se queremos ter o taboulé listo para a hora da comida podemos preparalo a noite antes.

CREMA DE CACAO E ABELÁS

Ingredientes:

  • 50 g de abelás
  • 2 culleradas sopeiras de cacao puro
  • 2-3 dátiles
  • Leite (opcional)

Preparación:

  1. Triturar as abelás no batedor ata conseguir unha pasta líquida.
  2. Engadir o cacao puro e bater para mesturar ben.
  3. Triturar os dátiles e engadir a cantidade que desexemos á crema de abelás. Se nos gusta moito o doce pode que precisemos mais dátiles.
  4. Opcionalmente pode engadírselle un chorriño de leite á crema para facela mais líquida.

GOFRES SANS

Ingredientes:

  • 45 g de avea
  • 1 plátano maduro
  • 1 ovo

Preparación:

  1. Triturar as folerpas de avea.
  2. Engadir o plátano e o ovo e bater.
  3. Botar a masa na gofreira ben quente e facer ata que douren.
  4. Servir e decorar con aquilo que mais nos guste: froita, mel, chocolate,…

ESPAGUETES CON BRÓCOLI

Ingredientes:

  • 1 brócoli
  • 250 g de espaguetes
  • 1 cebola grande
  • 100 g de touciño
  • Aceite de oliva
  • Queixo de untar
  • Sal
  • Pementa

Preparación:

  1. Picar a cebola e facer un sofrito.
  2. Cando a cebola comece a abrandar, engadir o brócoli cortado en anaquiños pequenos e sofritir.
  3. Mentres o brócoli se cociña, cocer os espaguetes.
  4. Engadir o touciño cortado en dados na tixola.
  5. Escorrer os espaguetes e mesturalos co brócoli.
  6. Servir nos pratos e engadir por enriba unhas culleradas de queixo de untar (para dar mais sabor usar queixo de untar ás finas herbas).

RABO DE TENREIRA

Ingredientes (4px):

  • Rabo de tenreira (1500 g)
  • Cebola (1 grande)
  • Allo (4 dentes)
  • Cenoria (3)
  • Pemento vermello (1)
  • Pemento verde (1)
  • Allo porro (1)
  • Viño tinto (750 mL)
  • Caldo de carne (1/2 L)
  • Loureiro (4 follas)
  • Xenxibre (10 g)
  • Romeu
  • Tomiño
  • Fariña
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa negra en gran

Adobado da carne (previamente)

Colocamos o rabo de tenreira xa cortado nun recipiente e engadimos algunhas verduras e herbas aromáticas: un par de allos, un pouco de cebola, 2 follas de loureiro, tomiño, romeu, uns 5 g de xenxibre (ou raspadura dalgún cítrico) e uns grans de pementa negra. Engadimos 750 mL de vino tinto e deixamos adobar unhas 4 horas.

Preparación:

  1. Sacamos a carne do adobo e a secamos ben.
  2. Botamos sal e pementa aos anacos, enfariñamos, sacudimos o exceso e douramos ben en aceite. Empregamos a mesma ola que utilizaremos para a cocción. Unha vez dourados, retiramos o rabo e reservamos.
  3. Na mesma ola que empregamos para dourar o rabo, facemos lentamente o porro, a cebola, os allos (pelados e enteiros) e os pementos; todo elo cortado en anacos non moi pequenos.
  4. Cando abranden as verduras, engadimos o loureiro (2 follas), as cenorias e o xenxibre, pelados e cortados en láminas. Deixamos uns minutos para que abranden e sazonamos.
  5. Reempregamos o viño do adobo. Para elo, colámolo para retirar as herbas do adobo e o incorporamos a ola. Deixamos cocer tempo suficiente para evaporar o alcohol antes de incorporar a carne.
  6. Incorporamos o rabo de tenreira, mesturamos ben e engadimos o caldo de carne.
  7. Cando rompa a ferver, quitamos a espuma superficial, tapamos a ola e deixamos cocer a lume lento unhas 3 horas. En caso de empregar unha ola a presión, reducimos o tempo a 1 hora e media.
  8. Pasado este tempo, comprobamos que a carne estea ben feita. Nesta receita, a carne ten que separarse moi facilmente do oso.
  9. Retiramos a ola do lume e sacamos o rabo de tenreira. Vamos a separar toda a carne do oso e desfacela en fibras. Mentres facemos isto, deixamos repousar o caldo para que suba a graxa a superficie.
  10. Retiramos a graxa superficial do caldo e pasamos o caldo por un coadoiro.
  11. Reducimos o caldo nunha tixola ata obter unha salsa coa consistencia desexada.
  12. Ao mesmo tempo que reducimos a salsa, preparamos unhas patacas fritas. Para esta receita van funcionar ben as patacas cortadas finas (sen chegar a ser palla).

 MONTAXE

  1. Colocamos un aro metálico duns 10 cm no prato.
  2. Facemos una base de patacas no interior do aro.
  3. Cubrimos coa carne de rabo de tenreira.
  4. Botamos salsa por riba e retiramos o aro.
  5. Por último, decoramos cunha ramiña de tomiño ou romeu e a desfrutar!

TORTA DE QUEIXO FRÍA

  INGREDIENTES (torta 15 cm)

  • Galletas tipo digestive (Medio paquete)
  • Manteiga (50 g)
  • Cacahuetes con mel (un puñado). Pódese substituír por calquera outro froito seco triturado con mel
  • Nata líquida para montar (300 g)
  • Azucre (75 g)
  • Callada (1 sobre e medio; 18 g en total). Pódese substituír por xelatina neutra (8 láminas)
  • Queixo de untar (375 g)
  • Marmelada de froitos vermellos, arandos, etc.

PREPARACIÓN

  1. Trituramos as galletas ata facelas po. Unha vez picadas, mesturámolas con a manteiga (a temperatura ambiente) e os froitos secos con mel.
  2. Colocamos a mestura de galleta na base dun molde desmontable duns 15 cm. A medida que engadimos galleta, vamos premendo ata formar unha base uniforme e compacta duns 2 cm de espesor.
  3. Deixamos arrefriar en neveira uns 20 minutos para conseguir unha base firme e estable. Aproveitamos para preparar o recheo da torta.
  4. Quecemos a nata nun cazo a lume lento.
  5. Vamos incorporando o azucre e o queixo pouco a pouco. Remexemos constantemente.
  6. Diluímos os pos de callada nun pouco de leite e engadímolos ao cazo. No caso de empregar xelatina neutra, debemos incorporar a follas de xelatina, previamente hidratadas en auga, a preparación do mesmo xeito que se fai cos pos de callada.
  7. Remexemos completamente tódolos ingredientes ata a súa completa disolución e no momento no que a mestura comece a ferver retirar do lume.
  8. Vertemos a mestura nun molde que tiñamos xa preparado coa base de galleta.
  9. Deixamos arrefriar unhas 6 horas na neveira.
  10. Unha vez fría a torta, cubrimos a superficie coa marmelada escollida
  11. Desmoldamos, decoramos con algunhas froitas silvestres e a desfrutar!

tartaqueixo7

RULIÑOS DE GRELOS CON TETILLA

ruliñosgreloscontetilla

Ingredientes:

  • 2 cebolas medianas
  • 1 paquete de masa filo
  • 1 lata de grelos (1kg)
  • 1 cullerada de sementes de sésamo
  • Queixo tetilla
  • Leite

Preparación:

  1. Refogar as cebolas.
  2. Escorrer ben os grelos, picalos e engadilos na tixola.
  3. Quentar o forno a 180ºC.
  4. Abrir unha folla de masa filo e untala cun pincel mollado en leite.
  5. Colocar os grelos ao ancho da folla de masa filo e botar o queixo tetilla por enriba.
  6. Enrolar a masa filo e colocar o roliño sobre un papel de forno enriba da reixa do forno.
  7. Untar os roliños con leite e esparexer por enriba as sementes de sésamo.
  8. Enfornar durante 15 – 20 minutos.

TORTIÑAS CASEIRAS MOI FÁCILES (4 persoas aprox.)

Ingredientes:

  • 150 grs fariña normal
  • 250 grs azucre
  • Un pouquiño de sal
  • 1 sobre lévedo industrial
  • 2 ovos
  • 200 ml leite gordo
  • 50 grs manteiga
  • Manteiga para untar a tixola

Elaboración:

  1. Mesturar os ingredientes secos nun bol
  2. Mesturar os ovos, co leite e a manteiga, e engadir ao bol
  3. Mesturar todo ata obter una mezcla lixeira
  4. Engraxar o fondo da tixola e botar según o tamaño desexado

COUS-COUS VEXETAL

Ingredientes:

  • 1 cabaciña
  • 1 cebola
  • 100 gramos de garavanzos cocidos
  • 50 gramos de uvas pasas
  • 150 gramos de cous – cous
  • Sal
  • Pementa
  • Xenxibre

Elaboración:

  1. Picar a cebola e a cabaciña e refogar a lume lento.
  2. Cando as verduras estean douradas, engadir os garavanzos xa cocidos e remexer.
  3. Apagar o lume, engadir as uvas pasas e deixar que se hidraten co calor residual da tixola.
  4. Quecer a mesma cantidade de auga que de cous – cous con un chisco de sal e aceite.
  5. Cando a auga comece a ferver, retirala do lume e engadir o cous – cous.
  6. Mesturar o cous – cous coas verduras e servir.

PAN DE NUBE

Ingredientes:

  • 2 culleradas de queixo de untar
  • 2 ovos
  • ½ sobre de fermento

Elaboración:

  1. Separar as xemas das claras.
  2. Mesturar o queixo coas xemas de unha en unha e reservar.
  3. Montar as claras a punto de neve xunto coa fermento.
  4. Engadir lentamente as claras á mestura das xemas co queixo removendo de xeito envolvente.
  5. Cubrir a bandexa de forno con papel de enfornar untado con aceite.
  6. Colocar a mestura en montóns sobre o papel de enfornar e darlle unha forma redondeada.
  7. Co forno quecido previamente a uns 160ºC, enfornar durante 20 minutos ou ata que os pans estean dourados.

CEREAIS CON FROITOS SECOS

Ingredientes:

  • 150 gramos de froitos secos (améndoas, abelás, anacardios e noces).
  • 200 gramos de folerpas de avea
  • 70 gramos de mel
  • ½ vaso de auga

Elaboración:

  1. Picar os froitos secos e torralos na tixola sen deixar de remexer.
  2. Retirar e repetir o mesmo proceso coas folerpas de avea.
  3. Mesturar todo na tixola e engadir o mel e a auga e remexer ata que todo estea ben dourado.
  4. Retirar do lume e estender sobre papel de forno ou unha bandexa para que arrefríe rápido e quede crocante.

MACARRÓN CON QUEIXO

Ingredientes (2px)

  • Macarróns (150 g)
  • Cabaza (350 g)
  • Caldo de ave (200 g)
  • Queixo mimolette (150 g). Pódese substituír por outro queixo con presencia como Cheddar
  • Queixo crema (40 g)
  • Manteiga (20 g)
  • Touciño (60 g)
  • Cebola (1)
  • Allos ternos (3).
  • Estragón
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa

 Salsa de cabaza e queixo (previamente)

Pelamos e cortamos a cabaza en dados. Colocámola nunha bandexa de forno e aderezamos con sal, pementa, aceite de oliva, e estragón picado. Metémola ao forno durante 1 hora a 180 ºC.

Unha vez asada a cabaza, triturámola xunto ao queixo crema, o caldo de ave e uns 30 ml de aceite de oliva. Poñemos a mestura nun cazo ao lume e engadimos o queixo raiado (reservamos unha parte para gratinar). Quecemos ata que se funda o queixo.

 

Preparación

  1. Comezamos coa cocción da pasta.
  2. Ao mesmo temo, fundimos a manteiga nunha tixola e botamos a cebola cortada en xuliana. Unha vez dourada, retiramos a cebola.
  3. Na mesma tixola, salteamos o touciño e os allos tenros cortados en anaquiños.
  4. Cando estean dourados, incorporamos, novamente, a cebola pochada e remexemos ben.
  5. En canto estea lista a pasta, escorrémola e engadímola a tixola xunto coa cebola e o touciño.
  6. Remexemos ben e engadimos a salsa de cabaza e queixo.
  7. Deixamos que colla consistencia a mestura remexendo constantemente.
  8. Pomos a pasta nunha fonte de forno, engadimos mais queixo por enriba e gratinamos.
  9. Decoramos con estragón e a papar!

GALLETAS DE AVEA E PLÁTANO

Ingredientes:

  • 250 gramos de folerpas de avea
  • 1 plátano e medio
  • Canela moída

Elaboración:

  1. Esmagar os plátanos.
  2. Engadir a canela e mesturar.
  3. Engadir a avea e remover ata facer unha pasta. Pódese engadir un pouco de auga e/ou aceite para que a masa ligue mellor.
  4. Enfornar a 200ºC durante 15 minutos.

3RPrincipio das 3R

  • Reducir: merca só o necesario e elixe aquelas opcións que teñan menos embalaxes. Hai moitos produtos que podes elaborar ti mesm@ na casa.
  • Reempregar: bota man da creatividade e busca o xeito de darlle unha segunda vida ás cousas.
  • Reciclar: se xa esgotaches as outras dúas opcións, busca o contedor axeitado para o teu residuo e deposítao nel correctamente.

FILTROS NAS BILLAS

Reduce as botellas de plástico e bebe auga da billa. Se non che gusta o sabor da auga da billa da túa casa, coloca algunha das opcións de filtros dispoñibles do mercado. Se non podes ou non queres facer esa inversión (que a longo prazo son moito máis rendibles que mercar botellas e a curto prazo moito mais sostibles) hai alternativas mais económicas como xerras filtrantes, filtros de carbón activado, o binchotan ou outras.

REDUCE O PAPEL

CONTEDOR AZUL

Evita imprimir cousas innecesarias. Elixe o formato dixital sempre que sexa posible. Coas compañías de teléfono, electricidade e outros servizos solicita a factura electrónica, recibirala no correo electrónico que desexes e reducirás o papel da factura, o da propaganda que moitas veces a acompaña e o do sobre.

Reemprega os papeis usados por unha soa cara para tomar notas, debuxar,…

Co papel xa empregado polas dúas caras pódese facer papel reciclado.

E xa por último, se vas tirar o papel LEMBRA, AO CONTEDOR AZUL!

AFORRA ENERXÍA

Cando non os esteas empregando, lembra desconectar os aparellos eléctricos: televisión, ordenadores, radio,…

Aproveita a luz natural sempre que sexa posible e non acendas as luces que non precises. Substitúe as lámpadas da casa por lámpadas led.

Non deixes o cargador do móbil conectado á rede se non estás cargando o teléfono.

Cando poñas a calefacción ou o aire acondicionado lembra ter as fiestras da casa pechadas, acendelos a temperaturas confortables pero nin demasiado alta a calefacción nin baixo o aire acondicionado.

ESMAGA OS ENVASES

ESMAGA OS ENVASES

Os envases de plástico, aínda que pesan pouco, ocupan un volume moi grande polo que enchen rápido o colector amarelo. Nós podemos contribuír a non saturar este colector dos seguintes xeitos:

  • Buscar alternativas dos produtos sen envases
  • Esmagar os envases antes de tiralos ao lixo: latas, botellas, bricks,…

Empregar bolsas mais pequenas para os envases. Con este xesto evitaremos atascar o colector amarelo con bolsas moi grandes xa que as pequenas caben mellor pola abertura superior e no interior do colector acomódanse mais.

XABÓN CASEIRO

XABÓN CASEIRO

Medidas de protección

  • Facer o xabón nun lugar ventilado
  • Protexer o corpo e pés con roupa e calzado vello
  • Luvas, gafas e máscara facial
  • Utilizar recipientes de plástico resistentes ao calor e culler de madeira ou plástico

Ingredientes e materiais

  • 2 recipientes de plástico ou cristal
  • Batedor e termómetro
  • Molde para o xabón (poden empregarse cartóns de leite baleiros)
  • 386,40 g auga filtrada
  • 800 g aceite oliva
  • 150,30 g sosa
  • 300 g aceite de coco
  • 30 g aceite esencial de Bergamota
  • Aceite esencial ou flores secas ao gusto

Preparación

  1. Botar a sosa sobre a auga (nunca ao revés) e remexer con coidado pois saen vapores. Esperar ata que baixe a 40°
  2. Quecer a “baño María” nun cunco de cristal ou nun cazo, o aceite de oliva e de coco, ata que acaden os 40°
  3. Pasar o batedor nos aceites e engadir a sosa con coidado. Seguir batendo ata que estea espeso como a maionesa.
  4. Engadir o aceite esencial e as flores e botar nos moldes.
  5. Pasadas 24-48 horas desmoldar e deixar curar 1 mes o xabón antes de usalo.

DESODORIZANTE CASEIRO

Ingredientes

  • 10 g maicena
  • 10 g aceite de coco
  • 10 g bicarbonato
  • Aceite Esencial de árbore de té (ou outros)

Preparación

  1. Colocar un cunco a baño María e engadir a maicena, o aceite de coco e o bicarbonato.
  2. Remexer ata acadar unha pasta homoxénea e sen grumos.
  3. Retirar do baño María, engadir 5 pingas de aceite esencial, remexer e meter nun bote.

Nota: A baixas temperaturas, o aceite de coco solidifica polo que pode ser necesario aplicar calor coa man ou coa propia axila para derreter un pouco o desodorizante e poder aplicalo.

CAFÉ PARA LEVAR… CON VASO REEMPREGABLE

O café que fan no bar está delicioso pero, se non tes tempo para poder tomalo alí mesmo e vas pedir un “café para levar”, leva a túa propia taza ou vaso da casa. Se prefires que teña tampa por non correr o risco de verter accidentalmente o contido do café, á venda hai vasos – termo coas medidas idóneas para colocar debaixo da cafeteira (comproba que non sexan demasiado grandes para que poidan servircho directamente nel).

ENVASE FORMATO AFORRO

ENVASE FORMATO AFORRO

Diminúe as embalaxes decantándote por opcións Aforro. Á hora de mercar produtos con embalaxe, escolle as opcións de maior tamaño ou cantidade. Mercando un paquete de pasta de 1kg xeraremos menos residuo que mercando dous de 500 g, e o mesmo ocorre co resto de produtos. E se estás pensando “eu prefiro mercar paquetes pequenos para que non se me estraguen os alimentos” lembra que, coa meirande parte dos produtos, o que non consumas ao abrir o paquete, podes gardalo nun bote de vidro para outra ocasión.

NA CASA, PANOS DE TELA

Cambia os panos de papel de un só uso por panos de tela. Deste xeito reducirás moito residuo e aforrarás cartos.

Menos embalaxes

Reduce os embalaxes, botes, e caixas nas túas compras

  • Merca produtos a granel. Hai tendas nas que podes mercar alimentos a granel e nalgunhas tamén produtos de limpeza. Moitas delas teñen bolsas de papel nas que meter os produtos pero tamén podes levar o teu envase da casa e alí xa o pesan e só che cobran o que meten no seu interior.
  • Escolle aquelas opcións con menos embalaxes.
  • Leva a túa bolsa para a froita da casa. Podes facer ti unha bolsa ou mercar algunha das opcións dispoñibles nas que meter a froita do supermercado.
  • Fai os teus propios produtos: galletas, granola, xabóns,…

 

Menos filme transparente

Estás preparando a comida e queres gardar esa media cebola que non empregaches pero non queres usar filme transparente…

  • Bota unhas pingueiras de aceite na parte do corte e esténdeo ben por toda a superficie. Deste xeito conseguirás evitar que o alimento se oxide.
  • Gárdao nunha fiambreira. Existen friambreiras con forma de cebola, tomate, limón, etc. se prefires ter unha destinada a este fin!

Froita e bocata sen empregar papel de aluminio nin bolsas plásticas

Bocatas

No lugar de levar a merenda nunha bolsa de plástico ou envolta en papel de aluminio / filme transparente hai moitas opcións:

  • gardalos nunha fiambreira
  • empregar unha bolsa de tela
  • bolsas comerciais de tela con interior plastificado e beldro.

Aproveitar a auga fría da ducha

Nos días fríos de inverno agradécese unha ducha ben quentiña. Sen embargo, a auga é un recurso esencial para as nosas vidas que non debemos desperdiciar polo que é unha mágoa que un ben tan prezado (aínda que moitas veces pouco valorado), escape polo desaugue abaixo. Cando abras a billa e esteas deixando correr a auga agardando a que saia morna, coloca un caldeiro, unha botella ou algún recipiente no que poder recollela. Emprega esa auga para regar as plantas, fregar o chan, … e contribúe a non desperdiciar un recurso tan valioso.

Reemprega os botes

Reemprega os botes de vidro de alimentos como legumes cocidos, conservas, etcétera para gardar o café, froitos secos, arroz,… Podes empregalos tal cal, pintalos ou decorar as tapas para que queden mais bonitos.

Algunhas alternativas son:

  • Gardar produtos mercados a granel.
  • Conservar produtos contidos en latas ou outros envases (P. ex. abrimos unha lata de conservas e non gastamos o contido dunha vez; o sobrante podemos gardalo nun bote de vidro).
  • Alternativa as fiambreiras para gardar comidas.

Alternativas ás esponxas

Alternativas esponxas

Para a ducha, no lugar de empregar esponxas de plástico pódense empregar esponxas de lufa. Na cociña podemos substituír o estropallo por unha esponxa de lufa, de esparto ou cepillos de madeira.

Produtos de hixiene íntima

Hixiene íntima

Ao longo da vida, as mulleres empregan miles de tampóns, compresas e salvaslips. Estes residuos son altamente contaminantes, xeran gran cantidade de residuos que enchen os contedores e percorren centos de kilómetros antes de ser incinerados e ademais, hai persoas que incluso os desbotan polo retrete ocasionando múltiples problemas no sistema de saneamento das augas residuais.

Para ter unha menstruación mais sostible, no mercado hai diferentes alternativas como son a copa menstrual, as bragas menstruais e as compresas e salvaslips de tela. Empregando este tipo de alternativas redúcese moitísimo a cantidade de lixo que se xera durante cada menstruación.

Alternativas ás toalliñas húmidas

As toalliñas húmidas, un gran descubrimento moi práctico que se está convertendo no gran problema do saneamento. Moitas persoas empregan toalliñas húmidas que logo desbotan no lixo, no mellor dos casos, ou no váter. Algunhas como as que acompañan certas compresas indican que poden ser desbotadas dese xeito. A realidade é que as toalliñas ocasionan moitos atascos na rede de saneamento provocando a saída de augas fecais polos rebosadeiros. Isto supón un gran impacto ambiental que ademais ten un gran custe económico engadido xa que, cada vez que isto ocorre, hai que inverter cartos para retirar o atasco e que a rede de saneamento poida volver a funcionar con normalidade.

Algunhas alternativas:

  • Na casa: lavar a cara ou as mans con auga e xabón, sen necesidade de empregar toalliñas.
  • Lavar o cu dos bebés empregando unha esponxa ao cambiarlles o cueiro.

Pilas recargables

Ao longo da nosa vida empregamos infinidade de pilas, xa que a gran maioría dos nosos aparellos do fogar precisan delas. Por que utilizar pilas desbotables cando podemos mercar pilas recargables? O medio ambiente agradecerá este xesto, pero o noso peto tamén, xa que o custe que teñen compénsase axiña cun par de recargas.

Botellas de vidro para a auga

En lugar de empregar botellas de plástico para gardar a auga, podemos empregar botellas de vidro. Son duradeiras, moito mais sinxelas de lavar en profundidade e mais inertes, polo que todo son vantaxes.

Algunhas alternativas son:

  • Reempregar botellas de vidro de auga comercial xa baleiras.
  • Botellas de aluminio ou plásticos resistentes para levar connosco.
  • Termos pequenos. Moi útil se queres levar contigo a auga fresquiña.

 

Aberto a toda a poboación infantil do Concello. Os e as participantes terán que enviar un debuxo sobre o que están a facer na casa durante a corentena

O Concello do Rosal continúa a propoñer novas iniciativas para facer o tempo de confinamento na casa máis levadío para toda a familia. Este venres 24 ponse en marcha un novo xogo, nesta ocasión dirixido máis especificamente a toda a poboación infantil do municipio. Trátase de #eudebuxonacasa, un xogo de debuxo pensado para que nenos e nenas recollan nas súas ilustracións como é o seu día a día durante este tempo de corentena en casa, as actividades que fan, como pasan o tempo… e todo o que se lles ocorra.

Novamente non se trata dun concurso, senón dun xogo aberto co que se busca facilitar un recuncho para que todos os nenos e nenas se expresen a través do debuxo. Todos os pequenos e pequenas que queiran participar poderán remitir o seu debuxo por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal, indicando no asunto ‘Eu debuxo na casa’ e incluíndo como datos o nome, apelidos e idade do autor ou autora da imaxe.

CHEGA #EUDEBUXONACASA, UN XOGO DIRIXIDO A NENAS E NENOS PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

Os debuxos recibidos irán publicándose nas redes sociais do Concello (Facebook e Twitter), así como na súa páxina web. A participación no xogo supón a aceptación das bases do mesmo, así como o permiso ao Concello para publicar o debuxo co nome e idade do autor ou autora en web e redes, así como para arquivalo na súa base de datos.

Tod@s a debuxar!

  • Documentación
  1. BASES DEBUXO INFANTIL

SE FAS DEPORTE NA CASA NESTE TEMPO DE CONFINAMENTO… AGARDAMOS A TÚA FOTO!

O Concello pon en marcha o xogo #nacasaperoenforma, co que compartir fotografías de situacións orixinais facendo exercicio

O Concello do Rosal propón unha nova iniciativa coa que pasar de forma entretida os días de corentena e confinamento. Esta semana poñemos en marcha #nacasaperoenforma, un novo xogo co que se procura implicar a toda a veciñanza e levar unha vez máis un intre de diversión a todos os fogares a través das fotografías e das redes sociais. Nesta ocasión a temática da foto será o exercicio físico que se fai estes días na casa, imaxes que recollan situacións cómicas, levantamento de pesos orixinais, lugares impensables, retos imposibles… e todas aquelas cousas divertidas que se lle ocorran aos veciños e veciñas. Todas estas imaxes enviadas iranse publicando nas redes sociais do Concello.

Non se trata dun concurso, senón dun xogo aberto a toda a poboación no que se buscará sobre todo a orixinalidade. Todas as persoas que queiran participar deberán enviar a súa fotografía por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal, indicando no asunto ‘Na casa pero en forma’ e incluíndo como datos o nome e apelidos das persoas que aparezan na fotografía, datos que non serán nunca publicados.

#nacasaperoenforma

No caso de aparecer menores de idade nas imaxes, dase por feito que os adultos responsables dan o seu consentimento expreso para a utilización desa imaxe en redes sociais. Ademais, o envío da fotografía suporá a aceptación e cesión dos dereitos da imaxe para a utilización por parte do Concello en futuros usos (arquivo, exposicións…).

Animádevos a participar!

  • Documentos relacionados
  1. BASES XOGO #nacasaperoenforma

desde a miña ventá‘DESDE A MIÑA VENTÁ’, UN XOGO NAS REDES SOCIAIS NO QUE AS FOTOGRAFÍAS SERÁN AS PROTAGONISTAS

Anímase aos veciños e veciñas a enviar fotos sacadas dende as súas fiestras para colgar nas redes sociais do Concello e adiviñar entre todas e todos de onde é a imaxe

Dende o Concello do Rosal queremos propoñer novasideas coas que facer os días de confinamento máis levadíos. Por este motivo ponse en marcha o xogo ‘Desde a miña ventá’, un xogo co que se busca implicar a toda a veciñanza e, a través de fotografías, levar uns intres de diversión a todas as casas. Todas as persoas do Rosal que queiran participar terán que facer unha fotografía amosando o que se ve dende a súa fiestra e enviala por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal poñendo nome e apelidos, teléfono e localización. Cada día o Concello colgará no seu perfil de Facebook unha das imaxes recibidas para que, mediante os comentarios, entre todos os veciños e veciñas adiviñen onde pode estar situada esa ventá.

Para poder participar, todas as fotografías deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos. Así, en cada imaxe debe aparecer unha paisaxe do Rosal e as marxes da ventá ou o marco da fiestra dende a que se fai. Non se aceptarán imaxes nas que saian persoas en primeiro plano, soamente paisaxes exteriores, nunca do interior da vivenda. E, para que sexa máis divertido, deberán ser zonas recoñecibles pero sen ser evidentes: as fotos poden dar pistas, pero nunca ser demasiado explícitas para poder xogar entre todas e todos un bo rato! O envío da fotografía suporá a aceptación e cesión de dereitos da mesma para a utilización no xogo por parte do Concello do Rosal, que se reserva a propiedade sobre futuros usos (arquivo, exposicións…).

A segunda parte do xogo terá lugar nas redes sociais. As persoas que queiran participar poden deixar o seu comentario na publicación tentando adiviñar o barrio ou a zona onde está tomada a fotografía, pero non se poderá dicir nunca o nome da persoa propietaria da vivenda nin se consentirán comentarios ofensivos ou de mal gusto.

Todas e todos a xogar!

SOLUCIÓNS

 

desde a miña ventá‘DESDE A MIÑA VENTÁ’, UN XOGO NAS REDES SOCIAIS NO QUE AS FOTOGRAFÍAS SERÁN AS PROTAGONISTAS

Anímase aos veciños e veciñas a enviar fotos sacadas dende as súas fiestras para colgar nas redes sociais do Concello e adiviñar entre todas e todos de onde é a imaxe

Dende o Concello do Rosal queremos propoñer novasideas coas que facer os días de confinamento máis levadíos. Por este motivo ponse en marcha o xogo ‘Desde a miña ventá’, un xogo co que se busca implicar a toda a veciñanza e, a través de fotografías, levar uns intres de diversión a todas as casas. Todas as persoas do Rosal que queiran participar terán que facer unha fotografía amosando o que se ve dende a súa fiestra e enviala por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal poñendo nome e apelidos, teléfono e localización. Cada día o Concello colgará no seu perfil de Facebook unha das imaxes recibidas para que, mediante os comentarios, entre todos os veciños e veciñas adiviñen onde pode estar situada esa ventá.

Para poder participar, todas as fotografías deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos. Así, en cada imaxe debe aparecer unha paisaxe do Rosal e as marxes da ventá ou o marco da fiestra dende a que se fai. Non se aceptarán imaxes nas que saian persoas en primeiro plano, soamente paisaxes exteriores, nunca do interior da vivenda. E, para que sexa máis divertido, deberán ser zonas recoñecibles pero sen ser evidentes: as fotos poden dar pistas, pero nunca ser demasiado explícitas para poder xogar entre todas e todos un bo rato! O envío da fotografía suporá a aceptación e cesión de dereitos da mesma para a utilización no xogo por parte do Concello do Rosal, que se reserva a propiedade sobre futuros usos (arquivo, exposicións…).

A segunda parte do xogo terá lugar nas redes sociais. As persoas que queiran participar poden deixar o seu comentario na publicación tentando adiviñar o barrio ou a zona onde está tomada a fotografía, pero non se poderá dicir nunca o nome da persoa propietaria da vivenda nin se consentirán comentarios ofensivos ou de mal gusto.

Todas e todos a xogar!

SOLUCIÓNS