Os Membros da Mancomunidade do Baixo Miño rematan o ano desexando ter unha reunión coa Consellería de Sanidade e que se atenda ás alegacións feitas respecto ó Transporte Público.

Os membros da Mancomunidade do Baixo Miño, formada polos gobernos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, reúnense antes de rematar o ano para tratar algúns temas importantes de cara ó ano que ven.
Entre eles, amosan a súa preocupación por dúas cuestións que consideran cruciais para a veciñanza: A situaciónnda da Sanidade e do Transporte Público na Comarca.
Desde xullo veñen solicitando unha cita coa Consellería de Sanidade na Xunta de Galicia para falar da súa situación.
Ata o momento nin tan sequera obtiveron unha resposta a esta solicitude.
No mes de agosto, por primeira vez na historia, xuntáronse os catro Concellos para facer as alegacións ao anteproxecto de transporte que sacou a Xunta e que deixaba á comarca nunha situación aínda máis deficitaria á actual.
Os catro Concellos tiveron a capacidade de realizar un plan das necesidades do transporte para os mesmos que presentaron conxuntamente na Xunta.
Nestas datas de desexos e bos augurios coa nova entrada de ano, desde a Mancomunidade amosan de novo o seu desexo inminente de ter unha reunión coa Consellería de Sanidade, así como que se fagan efectivas e se contemplen as necesidades implementadas co obxectivo de mellorar a situación do transporte para a veciñanza dos seus Concellos.