Hoxe rematou o Curso de Auxiliar de Cociña organizado polo Concello do Rosal e financiado pola Deputación de Pontevedra.
Á entrega dos diplomas asistiron a alcaldesa do Rosal, a concelleira da Área de Muller e Igualdade, e a responsable de Talentea, empresa responsable da xestión do curso, que foron convidadas a unha degustación dos pratos aprendidos no curso de cociña.Este proxecto foi pensado cunha dobre vertente xa que auna formación teórica dirixida á capacitación profesional, e se traballa tamén de xeito transversal a autoestima, o empoderamento e a xeración de redes entre as mulleres participantes.
Os obxectivos deste curso eran aumentar a posibilidades de inserción destas mulleres, mellorar os seus coñecementos para desenvolver traballos como axudante de cociña en establecementos de restauración, contribuir ao seu empoderamento a nivel laboral e tamén persoal, aumentar a rede de apoio, e por suposto mellorar a súa motivación e autoconfianza.
Todos estes obxectivos foron amplamente acadados e con resultados moi satisfactorios.
Agradecemos a todas elas a súa adicación e entusiasmo, así como os resultados tan positivos do curso.
Noraboa!!!!