Reserva a túa cita para o Punto Limpo

1. Selecciona o día e hora que mais te conveña para facer a entrega dos teus residuos.

2. Cubre os teus datos.

3. Indica a tipoloxía de residuos a entregar e a cantidade (en capachos) que levas de cada un deles.
*Lembra que para algúns residuos hai un límite máximo admitido e esta cantidade non poderá ser superada.

residuos

Lembra:

Sempre que sexa posible, emprega os colectores disoñibles na rúa para depositar residuos como aceite, téxtil, papel e cartón e envases plásticos ou metálicos baleiros. Consulta que residuos poden ser desbotados neles no apartado de Reciclaxe.

Os residuos a levar ao Punto Limpo teñen que ir desmontados e separados por tipoloxías para ser depositados no colector correspondente minimizando a interacción co persoal.

Para a cita hai que ser puntual e agardar fóra das instalacións ata ser atendidos polo persoal encargado do Punto Limpo. No caso de non acudir na data e hora previamente concertadas, perderase a cita.

O Punto Limpo é de uso exclusivo para persoas residentes no concello do Rosal. As industrias non poden entregar residuos no Punto Limpo, deben ter contratado este servizo cun xestor autorizado.

Grazas pola túa colaboración.