COMPOSTAXE

COMPOSTEIRO 

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Froitas e verduras
  • Carne e peixe
  • Pan, pasta e arroz
  • Comida crúa ou cociñada
  • Cascas de ovos, mariscos e froitos secos
  • Papel de cociña branco, sen tintas
  • Flores, follas e plantas de xardín (ben trituradas)

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Vidro, metal, plásticos ou briks
  • Pegatinas da froita
  • Cabichas de tabaco
  • Cueiros ou produtos de hixiene feminina
  • Medicamentos
  • Taboleiros e aglomerados de madeira
  • Papel e cartón con tintas
  • Roupa
  • Excrementos de animais.

TEN EN CONTA…

Podes solicitar de balde o teu composteiro individual no Rexistro do concello ou a través da sede electrónica orosal.sedelectronica.es