COLECTOR AZUL: PAPEL E CARTÓN Papel, cartón pregado, libros, revistas, xornáis, …

COLECTOR AZUL: PAPEL E CARTÓN

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Papel e caixas de cartón
  • Libros, periódicos, revistas, etc.

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Bricks (cartón de zume, leite, etc.)
  • Panos de mesa
  • Papel de cociña usado
  • Cueiros e compresas

HORARIO DE RECOLLIDA

Mércores pola mañá

TEN EN CONTA…

As caixas de cartón deben ir correctamente pregadas e introducidas no colector xa que aquelas que quedan nas beirarrúas ensúcianse, móllanse e, como non serven para reciclar, non son recollidas.

Evita imprimir cousas innecesarias. Elixe o formato dixital sempre que sexa posible. Coas compañías de teléfono, electricidade e outros servizos solicita a factura electrónica, recibirala no correo electrónico que desexes e reducirás o papel da factura, o da propaganda que moitas veces a acompaña e o do sobre.

Reemprega os papeis usados por unha soa cara para tomar notas, debuxar,… Co papel xa empregado polas dúas caras pódese facer papel reciclado.