Find the latest bookmaker offers available across all uk gambling sites Bets.Zone Use our complete list of trusted and reputable operators to see at a glance the best casino, poker, sport and bingo bonuses available online.

Medio Ambiente

/Medio Ambiente

SEGUNDA VIDA PARA A TÚA CABAZA

Noite meiga, chea de feitizos, mitos e… cabazas!

Pecha o ciclo do Samaín como é debido e deixa a túa cabaza, durante esta fin de semana, detrás do composteiro comunitario (dentro dun saco disposto para este fin). O luns 4, o mestre composteiro sacará fotos da colleita, escollerá ás partes compostables e daralles ás cabazas o fin que se merecen.

Animádevos!

XORNADA DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA

O Concello do Rosal organiza unha xornada de iniciación ao mundo da micoloxía. O obxectivo deste curso, que será impartido pola asociación A Jalleira, consistirá en dotar aos participantes de nocións básicas sobre o mundo dos fungos e a súa identificación. […]

REUNIÓN PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA

Este martes a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, e o Mestre Composteiro, Óscar Martínez, asistiron á xornada do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía celebrada no concello de Marín.

[…]

PLAN REVITALIZA DE COMPOSTAXE NO ROSAL

Onte, a carpa informativa do Plan Revitaliza chegou ao Rosal para concienciar a veciñanza da importancia de xestionar os residuos orgánicos e sumarse á compostaxe. Ata alí achegáronse numerosos veciños e veciñas demostrando, unha vez mais, a crecente implicación ambiental das rosaleiras e rosaleiros. […]

POSTO INFORMATIVO SOBRE COMPOSTAXE

O próximo mércores 2 de outubro, de 10 a 13 horas, unha equipa de mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra visitarán o Rosal. […]

COMPOSTAXE NO CAMPAMENTO DE VERÁN

Onte, as rapazas e rapaces do campamento de verán estiveron co noso mestre composteiro aprendendo a empregar axeitadamente o composteiro que teñen no patio da escola unitaria de Marzán. […]