Mañá, venres  21, teremos na sala de exposición do concello unha exposición sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario, organizada pola Xunta de Galicia.

A exposición estará dispoñible ó público dende as 10 da mañá ata as 14 horas, e en todo momento estará acompañada por un grupo de educadores ambientais que atenderán as dúbidas dos visitantes.

Non perdades a oportunidade de asistir!