Por Resolución de Alcaldía de 12 de maio de 2021 se aproban as bases reguladora e convocatoria para a provisión de seis prazas de persoal laboral fixo, coa categoría de peón de limpeza viaria e roza forestal (AP), mediante o sistema de concurso-oposición. Así mesmo, ordenouse a publicación do texto íntegro das bases no Boletín Oficial da Provincia, así como no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello do Rosal e na páxina web municipal, e a súa convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Tras a publicación da convocatoria e das bases reguladoras e das listaxes provisional e definitiva de admitidos/as e excluídos/as no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, as notificacións que se produzan no procedemento faranse mediante a publicación de anuncios no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de O Rosal. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación de anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. As bases reguladoras do proceso selectivo se publicarán na Sede Electrónica do Concello de O Rosal (https://orosal.sedelectronica.es/) As bases reguladoras que rexerán a convocatoria son as seguintes: