Dado o carácter festivo destes días, o servizo de recollida de lixo sufrirá lixeiras modificacións que se detallan a continuación. Rógase que se teñan en conta os seguintes horarios para baixar o lixo na tarde – noite previa a recollida para evitar incidencias.

  • Contedores azuis de papel/cartón: farase recollida desta fracción o xoves 26 de decembro e 2 de xaneiro de mañá. Dado a gran produción deste tipo de residuos nestas datas, prégase que non se deixen caixas fóra do colector xa que ademais de mollarse e ensuciar a estrada, os operarios da recollida selectiva non as recollen (agás que estea completamente cheo o contedor).
  • Contedores amarelos de envases: farase a recollida os martes (centro urbano) e venres (todo o Concello) como ven sendo habitual, pero o camión pasará mais cedo que de costume, polo que é recomendable deixar as bolsas o día anterior de noite nos colectores. Lembrade esmagar ben os envases de plástico, deste xeito caben moitos mais residuos no colector e evitaremos problemas de saturacións.
  • Contedores verdes de resto: non haberá recollida o mércores 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 6 de xaneiro. Agradécese que se depositen os restos na tarde – noite previa aos días que hai recollida para evitar malos cheiros.
  • Colectores verdes iglú de vidro: farase recollida normal. Lembrade retirar as tapas e outros elementos plásticos dos envases de vidro antes de botalos no iglú verde (as tapas van ao colector amarelo).

O punto limpo, pola súa parte, permanecerá pechado tanto o martes 24 como o 31 de xaneiro.

Aproveitase a ocasión para lembrar unha serie de recomendacións de cara a xestión do lixo:

  • Reducir. Esta é unha época de excesos, pero na medida do posible hai que evitar que tamén se converta nunha época de desperdicios.
  • Compostar. Ben sexa en pilas de compostaxe, composteiros individuais ou no composteiro comunitario do Concello, a compostaxe é a mellor maneira de xestionar a materia orgánica. O primeiro punto é reducir, pero todo o que non se poida, para compostar!

Se entre todas e todos colaboramos, teremos un Rosal mais limpo. Moitas grazas pola vosa axuda e felices festas!!