O goberno Rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno da Agrupación Musical do Rosal.
A alcaldesa, Ánxela Fernández e a concelleira de cultura, Sara Vicente, mantiveron unha xuntanza cos membros da diretiva da Agrupación Musical. Entre outras cuestións trataron a planificación cultural de cara ós orzamentos do ano que ven.
«Temos un tecido asociativo moi amplo e rico. Unha singularidade a destacar e valorar moito do noso pobo.
O proxecto da Agrupación comezou fai máis de 30 anos. É un proxecto consolidado e que enche de cultura e música o noso Concello e a nosa Comarca, cunha escola de música que fomenta que os cativos poidan aprender desde ben pequenos esta linguaxe universal. A música é vida e a vida da música no Rosal latexa forte grazas, en gran medida, ao traballo que ven facendo a Agrupación desde o seu comezo. Hoxe son moitos os veciños e veciñas que teñen a música nas súas vidas dunha ampla franxa de idade e tamén, como acontece noutros ámbitos, moitos os profesionais da música que naceron na Escola da agrupación», afirma a alcaldesa.
O goberno quere agradecer a boa disposición que amosaron os membros da Agrupación así como a súa colaboración.

#AVeciñanzaConta

#AVeciñanzaConta