Dentro do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha reunión coa directiva do clube Acanor Atlético Novás de balonmán.
Nesta xuntanza  na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano.

O Acanor Atl. Novás é un equipo cunha ampla traxectoria e vinculación co Rosal. A aposta do clube coa canteira de rapaces e rapazas de idades moi novas é fundamental. Decenas de nenos e nenas do Rosal e concellos limítrofes xogan nas escolas deportivas e nos equipos base, con idades que abarcan dende os 4-5 anos ata os equipos de adultos que xogan en categoría de división honra de prata nacional.

Escoitar, colaborar e traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo que fan as asociacións do noso pobo.

LOGO A VECIÑANZA CONTA