Continuando coas reunións dentro do programa #AVeciñanzaConta, nesta ocasión reunímonos coa directiva da asociación ecos do Folón.

Nesta reunión a asociación comentou as diversas actividades que realizan ao longo do ano e a ampla programación cultural que desenvolven.

Desta reunión saíron varias propostas e ideas de cara a nova programación 2020.

Entre as novas propostas a levar a cabo destacarían integrar as súas actuacións con outros tipos de espectáculos e descentralizar o espazo no que desenvolven as actividades culturais, de xeito que os diferentes barrios do Rosal se beneficien da riqueza cultural que poden aportar.

#AVeciñanzaConta

#AVeciñanzaConta