Outras das asociacións coas que a alcaldesa se reuniu nos últimos días dentro do programa #AVeciñanzaConta, foi a Asociación Veciñal Río Folón.
Esta asociación traballa no ámbito veciñal en Fornelos permitindo que as persoas deste barrio poidan desfrutar dun espazo de lecer no que compartir vivencias e realizar actividades
Parte da súa directiva asistiu á reunión coa intención de acordar liñas conxuntas de actuación de cara á planificación do ano 2020.

#AVeciñanzaConta

#AVeciñanzaConta