Parte da directiva da asociación das festas de San Juan de Martín visitou o concello con motivo das reunións ca alcaldesa está mantendo coas diferentes asociacións do Rosal.

Nesta ocasión a propia asociación comentou a forte vinculación que esta festa ten coa veciñanza de Martín, e a conveniencia de por en valor as festas tradicionais cun marcado valor cultural e de patrimonio, como é o caso da festa de San Xoán, que o vindeiro ano será festivo en toda Galicia.

Entre as actividades que a asociación desenvolve durante o ano, cabe destacar a andaina do 17 de maio, as comidas no día de San Martiño, as xuntanzas veciñais que fan periodicamente, e a festa organizada para o ano 2020 que serán dous días de celebración.

Posta a vista no vindeiro ano e na planificación para todo o exercizo 2020, o concello quere resaltar a importancia tan grande das asociacións que traballan arreo na cultura local.

#AVeciñanzaConta

#AVeciñanzaConta