Continuando coas reunión levadas a cabo coas diferentes asociacións dentro do programa #AVeciñanzaConta, nesta ocasión foi o turno da Asociación Cultural de San Isidro.
Fernando, o seu presidente falounos das actividades que realiza a asociación e acordamos por en valor as festas con gran tradición popular como é o caso de San Isidro, patrón do Rosal.
Unha das prioridades do novo goberno, é mellorar a proxección das diferentes asociacións, o seu esforzo, así como o interese que poñen nas actividades, poñendo a mirada na planificación do ano 2020.