A alcaldesa, Ánxela Fernández, mantivo unha reunión coa Asociación de San José dentro do programa #AVeciñanzaConta.
Este grupo de veciños de Novás atópase implicado nunha parte importante da dinamización e organización activa dos eventos do Concello dentro do seu barrio, entre elas organizan unha Festa Popular cunha gran acollida por parte da veciñanza, como é o San Xosé.

A implicación da veciñanza é fundamental no desenvolvemento e mantemento destas Festas Populares que son parte do noso patrimonio inmaterial. Grazas a iso mantéñense vivas as tradicións. Realmente fan unha labor fundamental neste sentido. Por iso, desde o Concello faremos un esforzo de cara ó ano 2020 para promocionar e visibilizar o gran traballo e valor patrimonial destas Festas Populares, afirma a alcalsesa. Na reunión xa comezaron a falar dalgunhas cuestións da vindeira edición, na que xa traballan os membros da organización.

#AVeciñanzaConta

#AVeciñanzaConta