Proxecto que durará varios meses. Chámase a VECIÑANZA CONTA. Para nós é fundamental fomentar e practicar a participación vecinal. A veciñanza conta porque queremos que SUME no proxecto do Rosal e porque de cara a mellorar pouco a pouco o noso pobo e planificar os orzamentos cremos que é preciso escoitar cales son as cuestións e necesidades que temos que priorizar na xestión dos recursos. Por iso hoxe mesmo comezamos cunha rolda de reunión coas asociacións do noso pobo coa finalidade de construír entre todos e todas o futuro do Rosal.


  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN DO GOBERNO ROSALEIRO COA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL O goberno Rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno da Agrupación Musical do Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández e a concelleira de cultura, Sara Vicente, mantiveron unha xuntanza cos membros da diretiva da Agrupación Musical. Entre outras cuestións trataron a planificación cultural de cara ós orzamentos do ano ...
  • #AVeciñanzaConta – O GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL REÚNESE COAS TRAÍDAS DE AUGAS VECIÑAIS E DÁ COMEZO AO ESTUDO PARA UN PLAN DE APOIO ÁS MESMAS O goberno Municipal do Rosal, encabezado por Ánxela Fernández Callís, mantivo dentro do programa #AVeciñanzaConta, unha reunión coas Comunidades de augas de Traídas Veciñais. Na mesma, ademais da alcaldesa, participaron as concelleiras Sara Vicente, responsable da área de Medio ambiente, a Concelleira Sabela Rodríguez e o Concelleiro Germán Fernández. A reunión permitiu ao goberno municipal ter un ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL COAS COMUNIDADES DE MONTES O goberno municipal do Rosal retoma o programa #AVeciñanzaConta cunha reunión con todas as Comunidades de Montes do municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, a Concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a Concelleira Sabela Rodríguez e o Concelleiro Germán Fernández mantiveron unha reunión con membros das diretivas das Comunidades de Montes do Concello: San Xoán de ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN COA DIRECTIVA DO CLUBE CICLISTA O ROSAL Dentro do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha nova reunión, nesta ocasión coa directiva do Clube Ciclista do Rosal. Clube implicado desde hai anos no ámbito deportivo do noso Concello. Nesta reunión falouse do futuro da asociación, dos próximos orzamentos municipais e nos vindeiros proxectos nos que están inmersos. Son moitos os nenos e nenas que forman ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN COA DIRECTIVA DO ACANOR ATL. NOVÁS Dentro do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha reunión coa directiva do clube Acanor Atlético Novás de balonmán. Nesta xuntanza  na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano. O Acanor Atl. Novás é un equipo cunha ampla traxectoria e vinculación co Rosal. A aposta do clube coa canteira de rapaces e ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN COAS PROFESIONAIS «ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL» Hoxe tivo lugar unha reunión coas profesionais da «Escola Infantil Galiña Azul». Esta reunión é importante para afrontar as melloras no mantemento da Escola de cara ó comezo do próximo curso e para planificar o vindeiro orzamento. Nesta xuntanza falouse da relevancia do traballo que fan no ámbito educativo. Nun eido cunha franxa de idade fundamental ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN COA U.D RIBERA O Concello mantivo a primeira reunión coa U.D. Ribera dentro do programa #aveciñanzaconta, onde se falou de todas as actividades que se realizan e organizan, así como as necesidades do noso fútbol, e desta maneira colaborar e axudar de forma máis efectiva, planificar e realizar os orzamentos cara o vindeiro ano. A Unión Deportiva Ribeira é ...