Proxecto que durará varios meses. Chámase a VECIÑANZA CONTA. Para nós é fundamental fomentar e practicar a participación vecinal. A veciñanza conta porque queremos que SUME no proxecto do Rosal e porque de cara a mellorar pouco a pouco o noso pobo e planificar os orzamentos cremos que é preciso escoitar cales son as cuestións e necesidades que temos que priorizar na xestión dos recursos. Por iso hoxe mesmo comezamos cunha rolda de reunión coas asociacións do noso pobo coa finalidade de construír entre todos e todas o futuro do Rosal.


  • #AVeciñanzaConta – ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RÍO FOLÓN Outras das asociacións coas que a alcaldesa se reuniu nos últimos días dentro do programa #AVeciñanzaConta, foi a Asociación Veciñal Río Folón. Esta asociación traballa no ámbito veciñal en Fornelos permitindo que as persoas deste barrio poidan desfrutar dun espazo de lecer no que compartir vivencias e realizar actividades Parte da súa directiva asistiu á reunión coa ...
  • #AVeciñanzaConta – ASOCIACIÓN CULTURAL DE SAN ISIDRO Continuando coas reunión levadas a cabo coas diferentes asociacións dentro do programa #AVeciñanzaConta, nesta ocasión foi o turno da Asociación Cultural de San Isidro. Fernando, o seu presidente falounos das actividades que realiza a asociación e acordamos por en valor as festas con gran tradición popular como é o caso de San Isidro, patrón do Rosal. Unha ...
  • #AVeciñanzaConta – ASOCIACIÓN CULTURAL FESTAS DE SAN MARTIÑO Continuamos coas xuntanzas coas asociacións dentro do programa a #AVeciñanzaConta. Nesta ocasión reunímonos cos representantes da Asociación Cultural Festas de San Martiño, tratamos as actividades a realizar este ano, xa que no vindeiro mes de novembro celébrase a tradicional festa na honra de San Martiño, festivo local neste ano 2019. Esta xuntanza é sumamente importante de cara ...
  • #AVeciñanzaConta – ASOCIACIÓN CULTURAL FESTAS DE SAN VICENTE Dentro das roldas de xuntanzas veciñais que a alcaldesa está mantendo coas diferentes asociacións do Rosal, mantivo unha reunión con Juan, presidente da Asociación Cultural de San Vicente e con Juana secretaria da entidade. O tema principal da reunión xirou en torno á maneira de promocionar e valorizar o traballo das asociacións e darlle un impulso ...
  • A VECIÑANZA CONTA – ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO Hoxe mesmo a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís mantivo unha reunión co presidente da Asociación Española contra o Cancro Baixo Miño, Carlos Rodriguez Vicente, e coa secretaria Pilar Barbosa Melo. Esta asociación, cunha gran traxectoria no coidado e atención a persoas oncolóxicas, desenrola a súa actividade en todo o territorio nacional por medio das ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN COA ANPA DO CPI SUÁREZ MARQUIER O concelleiro de educación Carlos Villanueva reuniuse con Mila Pérez Enríquez, Anxo Vaquero e Rita Rodríguez membros da directiva ANPA do Suárez Marquier, nunha reunión que quere ser a primeira de moitas nas que se tratarán temas importantes tanto para as familias como para o alumnado escolarizado neste centro educativo. De cara a próximos proxectos conxuntos ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DO ROSAL (ACOR) O goberno rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno de ACOR, Asociación de Comerciantes do Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mantiveron unha xuntanza co presidente e secretaria da asociación. Entre outras cuestións falaron da planificación de cara ós orzamentos do ano que ven e dos proxectos en común de cara ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN DO GOBERNO ROSALEIRO COA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL O goberno Rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno da Agrupación Musical do Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández e a concelleira de cultura, Sara Vicente, mantiveron unha xuntanza cos membros da diretiva da Agrupación Musical. Entre outras cuestións trataron a planificación cultural de cara ós orzamentos do ano ...
  • #AVeciñanzaConta – O GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL REÚNESE COAS TRAÍDAS DE AUGAS VECIÑAIS E DÁ COMEZO AO ESTUDO PARA UN PLAN DE APOIO ÁS MESMAS O goberno Municipal do Rosal, encabezado por Ánxela Fernández Callís, mantivo dentro do programa #AVeciñanzaConta, unha reunión coas Comunidades de augas de Traídas Veciñais. Na mesma, ademais da alcaldesa, participaron as concelleiras Sara Vicente, responsable da área de Medio ambiente, a Concelleira Sabela Rodríguez e o Concelleiro Germán Fernández. A reunión permitiu ao goberno municipal ter un ...
  • #AVeciñanzaConta – REUNIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL COAS COMUNIDADES DE MONTES O goberno municipal do Rosal retoma o programa #AVeciñanzaConta cunha reunión con todas as Comunidades de Montes do municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, a Concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a Concelleira Sabela Rodríguez e o Concelleiro Germán Fernández mantiveron unha reunión con membros das diretivas das Comunidades de Montes do Concello: San Xoán de ...