As persoas que desexen empregala deberán solicitalo no Concello

A biblioteca municipal permanecerá sen servizo de préstamos nin devolucións de libros desde o luns 24 de agosto ata o venres 11 de setembro (ambos incluídos). Aquelas persoas que desexen empregar a biblioteca como sala de estudo, poderán facelo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas solicitando a súa apertura no Rexistro do Concello.