Recupera o servizo de préstamo de libros e reducirá o seu aforo ao 30%, como establecen as autoridades sanitarias

A Biblioteca Pública do Rosal reabre de novo este mércores 17 de febreiro as súas portas aos usuarios e usuarias. Como establecen as autoridades sanitarias, esta instalación municipal reducirá o seu aforo ao 30% e continuarán aplicándose todos os protocolos de precaución establecidos, como o uso dunha única entrada pola porta lateral ou o emprego de máscara en todo momento. Ademais, será obrigatoria a desinfección das mans á entrada das instalacións co xel hidroalcohólico que estará a disposición dos usuarios e usuarias e respectar a distancia mínima de seguridade.

Tamén se retoma o servizo de préstamo de libros con todas as medidas de prevención estipuladas polas autoridades sanitarias. O horario de apertura será o habitual ata o de agora: luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas.