Cada semana iranse publicando na web do Concello os novos números.

A Asociación Párkinson Baixo Miño elabora cada semana un completo caderno de exercicios de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de confinamento. Para colaborar con esta iniciativa e facer chegar estes cadernos á maior parte de veciñanza posible, o Concello do Rosal publicará semanalmente na súa web os enlaces aos novos cadernos e avisará nas redes sociais de que hai un novo número dispoñible.

Por outra banda, a asociación da a posibilidade de recibir na casa eses cadernos tanto para persoas que sexan socias como para as que non, xa que nestes momentos tan complicados é importante estar ao servizo de toda a sociedade. As persoas interesadas en recibilos en papel deben poñerse en contacto con algunha persoa da xunta directiva da asociación ou enviar un correo electrónico a parkinsonbaixom@gmail.com indicando o nome e o enderezo onde queiran recibilo. O Concello do Rosal colaborará no reparto destes cadernos dende a súa área de Servizos Sociais.

Os tres primeiros cadernos poden descargarse clicando nos seguintes enlaces: