Para os ensaios pecharase ao tráfico a rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde dous días á semana de 21.30 a 23.30 horas.

A Agrupación Musical do Rosal retomará esta mesma semana os ensaios tras o parón pola crise da COVID-19. Para garantir todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias todos os ensaios realizaranse ao aire libre na rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde.

Ao longo de todo o verán, a Agrupación Musical celebrará os seus ensaios dous días á semana de 21.30 a 23.30 horas, tempo durante o que a rúa lateral do auditorio permanecerá pechada ao tráfico rodado.

Esta nova modalidade de ensaio ao aire libre comezará este mesmo venres 26 e o sábado 27 de xuño. Despois, a Agrupación Musical irá mudando semanalmente os días de encontro.